Na Coruña Contas

Volver

Reparación das plantas de producción enerxética de San Diego e San Amaro

RB RB  •  18/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 513

A reparación destas plantas de coxeneración de San Diego e San Amaro faría que fosen autoabastecidas pola enerxía que producen e así reduciríase o gasto enerxético municipal.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • RB
    RB  •  Autor  •  09/06/2017 10:33:36

    Hai plantas que producen enerxía eléctrica no Parque de Bens e na Planta de Nostián. Esta enerxía que producen sírvelles para autoabastecerse e, o sobrante, e enerxía que exportan para otros fins. O Complexo Deportivo San Diego e a Piscina de San Amaro tamén as tiveron pero avariaronse e non se repararon. Nesta proposta propoño que se arranxen. A competencia é municipal de aí que esta proposta non teña informe de inviabilidade.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos