Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

INSTALACIÓN DE DESFIBRILADORES EN EDIFICIOS PÚBLICOS

11/05/2017  •  paloma_psr  •  Toda a cidade

Según un informe Ministerio de Sanidad, se estima que cada año se producen en España más de 24.500 paradas cardíacas, ocasionando 4 veces más muertes que los accidentes de tráfico.

Mi propuesta consiste en el suministro, instalación y mantenimiento, en régimen de alquiler con opción de compra del EQUIPAMIENTO ASOCIADO CON LA CARDIO-PROTECCIÓN, que consistirá en:  25 DESFIBRILADORES SEMIAUTOMÁTICOS DESA COLOCADOS EN LOS CENTROS CÍVICOS Y OTROS EDIFICIOS DEL CONCELLO, que no dispongan de  dicho equipo, mantenimiento integral de todo el equipamiento y formación básica sobre el funcionamiento de los sistemas de conexión, de los equipos DEA´s asociados, técnicas de RCP y uso de desfibriladores.

VALOR MENSUAL ESTIMADO:  2.250€  /  VALOR ANUAL ESTIMADO:  27.000€

PASTOREO NA CORUÑA

20/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

Implantación dun proxecto piloto de mantemento de espacios naturais con animais de granxa en Punta Herminia.

Proponse a adecuación dun lugar para o descanso e recollida destes animais á chegada da noite na inutilizada cochera dos tranvías.

Creación dunha rotonda na Avenida de Alfonso Molina á altura da Praza de Madrid

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Recollendo as directrices fixadas no Plan Busquets, e co obxectivo fixado polo goberno municipal de "dulcificar" Alfonso Molina para que perda o caracter de autopista, compre ter en conta a proposta de Joan Busquets de crear unha rotonda neste punto de Alfonso Molina que conecte con Caballeros e a rúa que sube ata San Cristobal. 

Deste modo, tamén soluciónase o problema aparecido pola demolición da pasarela peonil dos xulgados, ó reducir a velocidade naturalmente pola rotonda e incluso permitir a implantación de pasos de peóns. 

Reciclaxe funcionaria e concelleiro de movilidade

02/05/2017  •  josagon  •  Toda a cidade

Celebrar un cursiño acelerado de comprensión lectora e razoamento lóxico pra aprender a dar respostas coherentes, veraces e precisas, moi necesario para a xefa do Servizo de Mobilidade e mailo concellal de Movillidade para que aprendan a dar resposta ó que se lles pregunta e non "respostar mexando fóra do testo". A pregunta é moi sinxela:"¿Onde figura a orde ou norma pola que se pode privar do dereito a seguir usando unha Tarxeta Moedeiro Municipal de Transporte Millennium, expedida e dada de baixa no Concello d’A Coruña, para poder esgota-lo seu saldo en transporte e servicos municipais, ó seu portador titular da mesma?, pois non vexo por ningures esa norma e que se aplicou a un cidadán cando  entregou unha desas tarxetas para que lle dixesen o saldo que tiña cargado na mesma.

ELIMINACIÓN XIROS Á ESQUERDA NA AVENIDA DE MONELOS

10/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

A avenida de Monelos é unha vía que conta cunha glorieta en cada extremo, propónse a eliminación de todos os xiros á esquerda nos cruzamentos con esta avenida, de maneira que se gañe en fluidez do tráfico e en superficie dispoñible para peóns ou bicicletas.

Apertura de la c/Javier López entre la Avda. Casanova de Eirís y la del Pasaje

09/05/2017  •  dverdini  •  Toda a cidade

La parte del vial contiguo al Parque de Eirís de la citada calle es competencia municipal (pendiente del S6) mientras que el que está al otro lado de los tubos del oleoducto es competencia de la Junta de Compensación del polígono urbanístico. En consecuencia, se propone que el Ayuntamiento ejecute su parte lo que supondría un nuevo enlace con los viales de acceso y salida de la ciudad del que se beneficiarían todos los coruñeses que entrasen o saliesen por la Avda. del Pasaje. 

Instalación de sinais luminosos nos pasos de peóns sen regulación semafórica

20/05/2017  •  luivar59  •  Toda a cidade

Solicítase a instalación de sinais luminosos naqueles pasos de peóns nos que haxa unha maior incidencia de atropelos, pois entendemos que moitos poderían evitarse cunha maior sinalización. Outra medida podería ser a instalación complementaria de bolardos que impedisen que os vehículos aparcasen nos arredores destes pasos de peóns, pois melloraría en grande medida a visibilidade.

Construcción de paseo marítimo sobre pilotes de madeira entre Oza e As Xubias

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Este tipo de construcción permitiría prolongar o paseo do bordo litoral mais aló de Oza e achegaría o pobo mariñeiro de As Xubias á cidadanía (uns 450m de pasarela).

O paseo, de baixa afección constructiva, executaríase separado da liña de costa actual permitindo manter así o seu aspecto e configuracións actuais.

Este tipo de actuación poderíase prolongar a posteriori tralo desaloxo do poboado chabolista da Conserveira e enlazar o paseo marítimo con Culleredo. 

Remate da rehabilitación do Pazo de Veeduría na Cidade Vella

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Rematar de rehabilitar a superficie restante do pazo de Veeduría para o traslado doutras institucións ou asociacións, como as ubicadas no edificio municipal de Durán Loriga. 

Deste xeito, amplíase a vida activa na cidade vella, levando servicios empregados pola cidadanía a esta zona, e á súa vez permite liberar o edificio de Durán Loriga como centro cívico (inexistente nesa zona) ou mellora dos servizos existentes (arquivo histórico municipal, CGAI...)

Peatonalización da rúa San Andrés.

18/05/2017  •  Iván Seoane  •  Toda a cidade

Algo imprescindible para a dinamización da zona.