Na Coruña Contas

Volver

PASTOREO NA CORUÑA

lrf lrf  •  20/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 616

Implantación dun proxecto piloto de mantemento de espacios naturais con animais de granxa en Punta Herminia.

Proponse a adecuación dun lugar para o descanso e recollida destes animais á chegada da noite na inutilizada cochera dos tranvías.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta non supón un gasto de investimento, senón que requeriría a contratación dun servizo de mantemento do espazo con animais, pois o Concello non dispón de persoal propio nin de espazos habilitados para o cuidado deses animais. Isto suporía un gasto que non pertence ao capítulo de investimentos e, polo tanto, non entra dentro do programa de Orzamentos Participativos." Agradecemos a túa participación e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos