Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Ampliación horario BiciCoruña

01/05/2017  •  lucia_g  •  Toda a cidade

Ampliación do horario nocturno do servizo de BiciCoruña, facilitaría o seu uso e ademáis sería bo que se puidesen ter as bicis máis tempo para non ter que estar buscando unha parada e coller outra.

Mellora na pavimentación do Frontón Municipal de Riazor

26/04/2017  •  celeiroa  •  Toda a cidade

Somos moitos os veciños que nos achegamos frecuentemente ata o Frontón Municipal de Riazor a realizar algunha das actividades deportivas que alí se realizan pero atopámonos con que esta instalación presenta unha paviementación moi deteriorada.

Mellores accesos a túnel Avda do Porto/Parrote

19/05/2017  •  atoblue  •  Toda a cidade

É imprescindible mellorar o acceso ao túnel da Marina/Parrote, se o que se pretende é que alivie os problemas de tráfico da cidade. Non é práctico que para acceder a él pola boca da Avda do Porto haxa que dar voltas enormes no coche.

PROPOSTA DE RECUPERACION DE ESPAZOS URBANOS NO BARRIO

30/04/2017  •  psexto  •  Toda a cidade

Esta idea fundamental, participar en facer un barrio mais amable engadindo calidade social e urbana polo  presentamos unha serie de propostas sobre a recuperación de espazos urbans degradados  no noso barrio desde hai anos na área e propón chegar a acordos cos seus propietarios para facer un uso temporal deles mentres non se urbanizan, permitindo deste xeito que os veciños poidan gozalos. Entre as propostas destaca a do Corralón, unha gran leira valada recentemente pero abandonada e chea de matogueiras crear un parque infantil e un campo de adestramento para o equipo de fútbol local.

Na rúa Posse, onde hai outra parcela baleira lindante coa avenida de Oza, suxerimos  crear un aparcadoiro gratuíto. Na rúa Alacante iría un pequeno xardín e noutro escampado cuberto de malas herbas na rúa San Diego, unha área biosaludable para os maiores. 

Compra de solares baleiros da cidade para uso público

28/04/2017  •  ferseoanelopez@hotmail.com  •  Toda a cidade

Na Coruña abundan os solares baleiros, sen uso e incluso ruinosos mentres escasean os espacios verdes ou as zonas peonís

a proposta consiste na compra deses espazos ruinosos para mellorar as dotacións e calidade do espazo público da cidade.

comenzaría polo famoso solar do cruce de San Andrés e Mantelería no que o colexio de arquitectos xa premiou una gran proposta para darlle uso. Achego link:

Proceso participativo na mellora do Reciclaxe e sensibilización

14/05/2017  •  jm2017  •  Toda a cidade

É necesario implantar medidas eficaces na cidade para que a reciclaxe sexa efectiva. Na cidade hai dous contedores principais nos que se recicla: inorgánico orgánico. Pero é moi frecuente encontrar toda clase de residuos no contedor verde, excepto a materia orgánica. Por iso é esencial que dende o concello se fomente o correcto uso dos contedores con medidas específicas que cheguen a todos os colectivos para sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe e os seus beneficios.Unha boa xestión nas plantas de reciclaxe que garantan que o esforzo da cidadanía vexa resultados e lles sexa devolto o producto final.

Se propón:

1- Mellorar no proceso da xestión de residuos, sobre todo na de inorgánicos e orgánicos, de maneira que se incluía ás e os cidadáns, a través da creación dun espazo de dialogo e de participación cidadán para mellorar esta xestión.

2- Maior sensibilización sobra a reciclaxe.

 

Reformas en el Forum Metropolítano

21/05/2017  •  manuela  •  Toda a cidade

Es urgente y necesaria una transformación y adecuación  del auditorio de Forum, para que sea una verdadera sala de artes escénicas, espectáculos de artes vivas, danza, teatro... 

Necesita de una "caja negra"  y una parrilla técnica . Sin olvidar los espacios básicos de preparación y aseo de artistas.

Podría funcionar a través de compañías residentes, o residencias artísticas para artistas locales.

(Tenemos el ejemplo de Chévere en Teo )

También las salas de cine necesitan una reforma física importante : aire acondicionado y renovación general.

Su papel cultural es importantísimo en esta ciudad. Su acertada programación es premiada con masivas asistencias.

Cuidemos y mejoremos lo que ha funcionado bien.

Área autocaravanas na zona do Acuario-Durmideiras

15/05/2017  •  aleixo_varela  •  Toda a cidade

Proponse a creación dunha nova área especifica destinada ao turismo de autocaravanas nalgún punto entre a Casa dos Peixes e Durmideiras, en resposta á gran demanda actual nesta zona da cidade e complementando á do Portiño.

A creación de dita área de pernocta suporía mellorar o servizo a os turistas e poñer a Coruña no mapa do crecente turismo desde tipo, facendo máis atractiva a visita á nosa cidade. Paralelamente, suporía unha mellora do uso e imaxe do aparcamento actual da Torre (insuficiente e invadido por autocaravanas) así como un aumento do espazo para estacionar vehículos convencionales dos visitantes (agora escaso).

Requerimentos básicos: 10-12 prazas, 800m2, aseo público, iluminación, auga corrente, contedor lixo, mapa da cidade con claves de interese turístico. Non sería necesaria a descarga de augas residuais das caravanas, ao existir xa este servizo no Portiño.

Solucionar la rotonda de las ánimas.

14/05/2017  •  Anibal_exp  •  Toda a cidade

Es un entorno que a pesar de estar al lado de las murallas presenta un estado lamentable.

Solucionar desniveles en aceras, pavimentos inadecuados, moviliario urbano escaso y en mal estado, señalectica caótica y excesiva, vegetacion en mal estado...

Pistas deportivas na rúa

18/05/2017  •  bfrr  •  Toda a cidade

En moitas partes da cidade hai, pero nunca son suficientes e soemos ver como a maioría están sempre ocupadas. 

Son necesarias polo menos dúas ou tres, por exemplo na zona de Elviña, xa que desde que se eliminaron as canastras do Parque de Pablo Picasso ficamos sen ningún espazo público de xogo. 

É necesario tamén instalar nas pistas iluminación con sensores de movemento para poder utilizalas en inverno alén das cinco da tarde.