Na Coruña Contas

Volver

Área autocaravanas na zona do Acuario-Durmideiras

aleixo_varela aleixo_varela  •  15/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 438

Proponse a creación dunha nova área especifica destinada ao turismo de autocaravanas nalgún punto entre a Casa dos Peixes e Durmideiras, en resposta á gran demanda actual nesta zona da cidade e complementando á do Portiño.

A creación de dita área de pernocta suporía mellorar o servizo a os turistas e poñer a Coruña no mapa do crecente turismo desde tipo, facendo máis atractiva a visita á nosa cidade. Paralelamente, suporía unha mellora do uso e imaxe do aparcamento actual da Torre (insuficiente e invadido por autocaravanas) así como un aumento do espazo para estacionar vehículos convencionales dos visitantes (agora escaso).

Requerimentos básicos: 10-12 prazas, 800m2, aseo público, iluminación, auga corrente, contedor lixo, mapa da cidade con claves de interese turístico. Non sería necesaria a descarga de augas residuais das caravanas, ao existir xa este servizo no Portiño.

Localización: Distrito 10

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos