Na Coruña Contas

Volver

Pistas deportivas na rúa

bfrr bfrr  •  18/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 544

En moitas partes da cidade hai, pero nunca son suficientes e soemos ver como a maioría están sempre ocupadas. 

Son necesarias polo menos dúas ou tres, por exemplo na zona de Elviña, xa que desde que se eliminaron as canastras do Parque de Pablo Picasso ficamos sen ningún espazo público de xogo. 

É necesario tamén instalar nas pistas iluminación con sensores de movemento para poder utilizalas en inverno alén das cinco da tarde. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos