Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

SUSTITUCION MACRO-CARTELES PUBLICITARIOS. RESPETAR EL PAISAJE URBANO

18/05/2017  •  xoanxo  •  Toda a cidade

CALLES, AVENIDAS, ROTONDAS, EDIFICIOS .....ESTÁN SALPICADOS DE UNA INVASORA RED DE MACRO-CARTELES PUBLICITARIOS ANCLADOS A HIERRO VIVO EN EL SUELO Y  QUE ENSUCIAN LA VISTA DE NUESTRA CIUDAD, DE SUS PAISAJES, SUS AVENIDAS, SUS CALLES, SUS EDIFICIOS...

 

LA SALIDA DE ALFONSO MOLINA, PUENTE PASAJE, ROTONDA DEL PÁJARO -3ºRONDA- , ESTACIÓN DE AUTOBUSES,... ETC, SON LA CULMINACIÓN DEL MAL GUSTO , DE LA ANTIESTÉTICA, DE LA BIENVENIDA AL TURISTA ,DE LA CHAPUZA DESORGANIZADA, DEL ANUNCIO COMERCIAL CUESTE LO QUE CUESTE Y SEA DONDE SEA....ETC

CUÁNTOS HAY EN ESTA PEQUEÑA CIUDAD  500, 600, ?¿?¿

SE DEBE INVERTIR EN LA CREACIÓN DE PANELES ESPECÍFICOS  COMO LOS "OPIs o MUPIs", CORRECTAMENTE ILUMINADOS, INTEGRADOS CON EL PAISAJE  URBANO, RESPETANDO LA DIMENSIÓN HUMANA DE LA CIUDAD , EVITANDO AGRUPAMIENTOS

NUESTRA BELLA CIUDAD NO SE MERECE ESTA SUCIEDAD AMBIENTAL.

Apertura de patios de colexios fóra do horario lectivo

18/05/2017  •  bfrr  •  Toda a cidade

Os colexios pechan os seus recintos así que rematan as clases e/ou actividades. Dentro soe haber pistas deportivas para os rapaces e parques que poderían ser utilizados sen problema algún. No Ramón de la Sagra cando eramos pequenos o conserxe deixábanos aberto ata a noite e incluso cun interruptor das luces para que os rapaces poidésemos xogar. Sería interesante recuperar a maneira de que en moitos colexios estas pistas quedasen abertas fóra de horario lectivo para que os pequenos (e non tan pequenos) puidesen xogar sen risco algún nas pistas deportivas. 

Mellora na pavimentación do Frontón Municipal de Riazor

26/04/2017  •  celeiroa  •  Toda a cidade

Somos moitos os veciños que nos achegamos frecuentemente ata o Frontón Municipal de Riazor a realizar algunha das actividades deportivas que alí se realizan pero atopámonos con que esta instalación presenta unha paviementación moi deteriorada.

PACIFICACIÓN DO TRÁFICO NAS VÍAS DE COMPETENCIA MUNICIPAL

20/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

Resinalización dos límites de velocidade en todas as vías urbanas reducindo a 50km/h nas principais vías e a 30 km/h nas rúas interiores dos barrios.

En liña co recollido no plan municipal contra o ruido establecer medidas para garantir efectivamente que isto se cumpla. Controis de velocidade, badéns en pasos de peóns, etc.

Priorizar nas vías que entroncan coa avenida da Vedra.

Adecuación e destinación de locais para ensaios escénicos

20/05/2017  •  sabela_mendoza  •  Toda a cidade

As compañías profesionais, artistas individuais, e amateurs que se dedican na Coruña á danza, teatro, performance ou artes vivas non dispoñen de espazos aduecuados de ensaio, creación e experimentación, unha condición básica para apoiar e coidar o talento da nosa cidade e o acceso á práctica artística. Propoño a adecuación (investimento en tarima, linóleo e insonorización) e destinación dalgúns dos espazos existentes en centros municipais (centros do IMCE como o Ágora, ou Centros Cívicos como o C.C. Cidade Vella, que contan con aulas amplas e diáfanas) para a súa cesión a persoas individuais ou grupos, sen limite de idade. Que poidan solicitar o seu uso mediante un sistema de presentación de solicitudes, ca posibilidade de organizar accións de formación e exhibición, similar ao que xa existe para os Locais de Ensaio Musical no Coliseum.

Puntos de recarga vehículos electricos

26/04/2017  •  esteban  •  Toda a cidade

Reparar o sustituir los puntos de recarga actuales y aumentar el número de puntos para favorecer la introducción de vehiculos electricos.

Puntos de encontro para mascotas. Parques caninos.

15/05/2017  •  mariajosecastelo  •  Toda a cidade

Creacion de lugares pechados pa r a mascotas. Proximo a parques infantis para evitar que os cans usen espazos de xogo.

CASA DO XADREZ DA CORUÑA

21/05/2017  •  ernestosagax  •  Toda a cidade

Un dos problemas comúns a moitos clubs da cidade é a ausencia de locais axeitados para a práctica deste xogo e co amplo horario necesario para o desenvolvemento das partidas. Polo que propoñemos dotar á cidade dunha casa de xadrez, como acontece noutras cidades (o caso mais cercano o de Ferrol). A idea presentada por AGAX busca beneficiar aos clubes coruñeses que están todos eles englobados na Asociación Xadrez Coruñés, de recente creación.

Para a nosa actividade é importante contar cun local  duns 200 metros cadrados e como material unicamente mesas e taboleiros.

Ademais a posta en funcionamento dunha Casa do Xadrez serviría tamén para o desenvolvemento doutras iniciativas culturais fundamentalmente a difusión doutros xogos clásicos de estratexia, de moitos dos cales temos restos en Galicia procedente da época medieval..

AMPLIACIÓN REDE ESTACIÓNS MEDICIÓN CALIDADE DO AIRE

20/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

Actualmente situadas en puntos de baixa incidencia, propónse ampliar a localizacións con importantes aglomeracións de tráfico ou persoas.

Reposición das farolas do paseo Marítimo

13/05/2017  •  ramon61  •  Toda a cidade

Reposición das farolas do paseo Marítimo para curar a nefasta imaxen que se está a dar da cidade, deixando os buratos abertos, tornillos cortados con radial e oxidándose e cables a vista.

http://subefotos.com/ver/?72189969ef7158e9627505438ebffcf4o.jpg