Na Coruña Contas

Volver

Apertura de patios de colexios fóra do horario lectivo

bfrr bfrr  •  18/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 545

Os colexios pechan os seus recintos así que rematan as clases e/ou actividades. Dentro soe haber pistas deportivas para os rapaces e parques que poderían ser utilizados sen problema algún. No Ramón de la Sagra cando eramos pequenos o conserxe deixábanos aberto ata a noite e incluso cun interruptor das luces para que os rapaces poidésemos xogar. Sería interesante recuperar a maneira de que en moitos colexios estas pistas quedasen abertas fóra de horario lectivo para que os pequenos (e non tan pequenos) puidesen xogar sen risco algún nas pistas deportivas. 

Informe de inviabilidade

O que se propón é unha modificación no réxime de uso dos equipamentos docentes xestionados polo Concello, o que non é investimento, afectando ao horario de traballo das persoas que ocupan os postos de conserxería destes centros. Por este motivo, a proposta non é viable.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos