Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Área autocaravanas na zona do Acuario-Durmideiras

15/05/2017  •  aleixo_varela  •  Toda a cidade

Proponse a creación dunha nova área especifica destinada ao turismo de autocaravanas nalgún punto entre a Casa dos Peixes e Durmideiras, en resposta á gran demanda actual nesta zona da cidade e complementando á do Portiño.

A creación de dita área de pernocta suporía mellorar o servizo a os turistas e poñer a Coruña no mapa do crecente turismo desde tipo, facendo máis atractiva a visita á nosa cidade. Paralelamente, suporía unha mellora do uso e imaxe do aparcamento actual da Torre (insuficiente e invadido por autocaravanas) así como un aumento do espazo para estacionar vehículos convencionales dos visitantes (agora escaso).

Requerimentos básicos: 10-12 prazas, 800m2, aseo público, iluminación, auga corrente, contedor lixo, mapa da cidade con claves de interese turístico. Non sería necesaria a descarga de augas residuais das caravanas, ao existir xa este servizo no Portiño.

Pintar os pasos de peóns

05/05/2017  •  isabellopez  •  Toda a cidade

Gustaríame ver os pasos de peóns ben pintados en toda a cidade

 

Paneis de comunicación de actividades

05/05/2017  •  platas-seixas  •  Toda a cidade

Propoño a creación de paneis de comunicación de actividades non electorais nin empresariais nas vías públicas, preferentemente nas grandes zonas (prazas, parques e beirarrúas grandes).

Posibilidade de usar as bicicletas de bicicoruña pagando por cada uso

07/05/2017  •  miguelafr  •  Toda a cidade

Moitas veces, estando polo paseo marítimo ou calquera outra zona, apetece usar unha bicicleta de bicicoruña, pero se non pagaches a cota anual ou mensual é imposible de facer. Sería interesante facilitar o acceso a este servizo de tal forma que non sexa necesario pagar unha cota anual ou mensual para gozar del, senón que unicamente coa tarxeta millenium sexa posible alugar unha bicicleta por un tempo pagando unha cantidade coa tarxeta, da mesma maneira que usamos a tarxeta millenium para pagar un billete único de autobús. Evidentemente o precio por hora podería ser moito máis caro que pagar unha cota mensual ou anual, pero provocaría que moita xente a use en moitos máis casos que agora.

Unha cidade mais "humanizada"

18/05/2017  •  pablomecha  •  Toda a cidade

Gustaríame sentir que Coruña é unha cidade sen tanto asfalto, con aceras transitables, con zonas verdes, sen tanto laberinto urbanístico, etc... E refírome con isto os barrios, Montealto, Sagrada Familia, Catrillón, Gaiteira, Calle Barcelona, etc... Onde a maioría dos coruñeses pasamos o noso dia a dia e son unha auténtica anarquía urbanística, de tráfico, sin zonas verdes, sin veira rúas, etc... A cidade é algo mais que a súa fachada (paseo marítimo, cantóns, torre de hercules, etc). 

Restauración del trayecto del bus urbano Plaza de Pontevedra-Plaza de España

18/05/2017  •  avaro  •  Toda a cidade

Que se restaure el trayecto del bus urbano en dirección Plaza de Pontevedra-Plaza de España, que pasaba por San Andrés sin tener que girar a la altura de Rúa Nueva hacia el paseo marítimo.

El giro que hay que hacer en la actualidad causa problemas de tráfico por culpa del semáforo, haciendo que el trayecto en bus sea más largo El anterior trayecto se hacía en menos tiempo y además no causaba tantos atascos en la zona de San Andrés-Rúa Nueva.

Instalación de un área canina en el centro

04/05/2017  •  vecina  •  Toda a cidade

Propongo la creación y habilitación de un área canina vigilada en la zona centro (Por ejemplo, en la Pza. de San Pablo, Jardines de Méndez Núñez, zona del centro de Ocio-Palexco, Parrote, etc.). Un área amplia, cercada con madera, con algo de arbolabo, equipada con fuentes, zonas de sombra, juegos de agility y ducha para los perros.

Intermodal de transporte de cercanias en San Diego

30/04/2017  •  psexto  •  Toda a cidade

Dende a nosa asociación consideramos que as prioridades en San Diego non pasan polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima.

Na modificación do planeamento urbanístico do porto interior debe apostarse pola súa promoción, o seu uso mixto, a creación de novas actividades e a súa preservación para o fomento económico como lugar de actividade comercial e de pesca que xera riqueza

 

ACABAR CON TODOS LOS TAPONES URBANÍSTICOS.

04/05/2017  •  borjalamas  •  Toda a cidade

Lamentablemente, aún quedan en la ciudad varios tapones urbanísiticos con calles ciegas y con falta de servicios y equipamiento. En muchos casos, los planes ya contemplan su apertura y rehabilitación, pero por falta de dinero las obras se acaban atascando y estas calles permanecen igual de abandonadas. Mi propuesta consiste en reservar una partida para eliminar dichos tapones y adecentar estos puntos negros, como por ejemplo el que adjunto en el link (calle Pintor Román Navarro, perpendicular a la calle La Torre).

Crear unha aplicación para teléfono para calificar a accesibilidade de locais

21/05/2017  •  juancebreiro  •  Toda a cidade

As persoas con mobilidade reducida, e os seus acompañantes, teñen problemas para dar con establecementos comerciais, de restauaración, ...  que reunan as condicións que elas precisan.

Unha aplicación con ubicación podería ir recollendo os establecementos que cumplan requisitos de accesibilidade, espazo interior e servizos adaptados, e iría sendo valorada polos usuarios.

Sería de utilidade para veciños e familias afectadas e para quen nos visite.