Na Coruña Contas

Volver

Posibilidade de usar as bicicletas de bicicoruña pagando por cada uso

miguelafr miguelafr  •  07/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 248

Moitas veces, estando polo paseo marítimo ou calquera outra zona, apetece usar unha bicicleta de bicicoruña, pero se non pagaches a cota anual ou mensual é imposible de facer. Sería interesante facilitar o acceso a este servizo de tal forma que non sexa necesario pagar unha cota anual ou mensual para gozar del, senón que unicamente coa tarxeta millenium sexa posible alugar unha bicicleta por un tempo pagando unha cantidade coa tarxeta, da mesma maneira que usamos a tarxeta millenium para pagar un billete único de autobús. Evidentemente o precio por hora podería ser moito máis caro que pagar unha cota mensual ou anual, pero provocaría que moita xente a use en moitos máis casos que agora.

Localización: A Coruña

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta pero é inviable pois non é un gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos