Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Sustitución selectiva de semáforos cíclicos peonís por pasos prioritarios

11/05/2017  •  aleixo_varela  •  Toda a cidade

A Coruña padece un exceso de semaforización anacrónico, que xera molestias aos conductores, peóns e aos propios veciños, debido a un aumento da contaminación sonora e atmosférica xerada polos vehículos tras detencións moitas veces innecesarias.

Proponse, onde sexa posible por cuestións de seguridade, e en especial cando se trate de Zonas 30:

- Instalación de pasos peonís semielevados de preferencia permanente en sustitución de pasos con ciclo semafóricos en zonas con fluxos débiles de peóns.

- Semipeonalización con firme de cemento impreso en sustitución do semáforo con paso convencional, onde os fluxos de peóns sean maiores que os de vehículos. Ex. executado: Rúas Angel Senra-San Luis.

- Sustitución de semáforo por un ceda/STOP en intersecións de sentido único onde a visibilidade e a velocidade dos vehículos o permitan. 

Ex. posibles aplicacións: Fonseca, Picavia; E. P Bazán.

250.000 €

Modificar Panaderas

12/05/2017  •  Anibal_exp  •  Toda a cidade

Convertir Panaderas en una calle de un único carril lo cual permitiría aumentar el tamaño de las aceras que son muy escasas.

250.000 €

Cara unha iluminación eficiente

02/05/2017  •  Victor  •  Toda a cidade

Propoño como medida inicial o cambio de farolas en zonas verdes por outras led e solares, que poidan contar tamén con detectores de movemento. Asi poderán manterse apagadas durante boa parte da noite, evitando a consecuente contaminación lumínica. 

250.000 €

Crear un cine similar al del Forum Metropolitano en la zona centro de la ciudad

18/05/2017  •  mangel  •  Toda a cidade

Crear un cine similar al del Forum Metropolitano en el centro de la ciudad, para la proyección de películas, documentales de tipo científico, cultural, etc. tipo 3D, como existe en la DOMUS

376.000 €

Ampliacion de aceiras con plantación de 25 arboles na R. de OUTEIRO

21/05/2017  •  luis2castros  •  Toda a cidade

Co ouxetivo de ir rematando o Corredor Verde ( reflictido no PXOM ) do tramo da Ronda de Outeiro que vai dende a AV. do Exército a Av. de Oza, para comunicar amablemente o tránsito peonil entre o Parque de S. Diego e o Parque de Oza. Podería executarse ademáis un seto central equiparable ao existente no tramo superior desta Ronda.

300.000 €

Saneamento O Foxo e Montemero

04/05/2017  •  pilareiris  •  Toda a cidade

Obra de saneamento integral na zona de O Foxo e Montemero, na zona do Colexio Maristas. Esta é unha necesidade básica que debería estar xa cuberta hai moitos anos. É unha proposta defendida pola AVV Uxío Carré de Eirís

800.000 €

Adecentamento e recuperación do barrio de Castro de Elviña

18/05/2017  •  Veciño  •  Toda a cidade

O barrio de Castro de Elviña está totalmente esquecido pola administración. Actuacións importantes e básicas para a súa posta en valor e seguridade veciñal:

-Reasfaltado xeral das rúas do barrio, non tiveron un mínimo de mantemento.

-Reposición do espello para vehículos no cruce da rúa Castro de Elviña coa estrada interuniversitaria. Caeu nun dos últimos temporais e non foi reposto.

 

311.711 €

Mellora contorna e accesibilidade Mercado de San Agustín e peonalización parcial

15/05/2017  •  slamelov  •  Toda a cidade

O Mercado de San Agustín é un lugar emblemático, pero a mobilidade da contorna é desastrosa, especialmente para a mobilidade peonil, non hai máis que ver se queres ir pola rúa San Agustín e cando chegas á Praza do Humor non sabes por onde ir entre coches, taxis... e logo o caos de aparcamento que afea toda a contorna. A miña proposta é a de peonalizar desde San Andrés - Cordonería, e deixar acceso ao mercado só para Carga e Descarga con espazo abondo para a actividade do mercado, residentes con garaxe, mobilidade reducida, etc. E deixar acceso pola costa de San Agustín - Xoan XXIII e saída de Vehículos por San Agustín e sen aparcadoiros na contorna do mercado, deixando só espazo para carga descarga e unindo dalgún xeito a rúa San Agustín polo tramo da Praza do Humor.

980.210 €