Código proposta de investimento: 635
Co ouxetivo de ir rematando o Corredor Verde ( reflictido no PXOM ) do tramo da Ronda de Outeiro que vai dende a AV. do Exército a Av. de Oza, para comunicar amablemente o tránsito peonil entre o Parque de S. Diego e o Parque de Oza. Podería executarse ademáis un seto central equiparable ao existente no tramo superior desta Ronda.
A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "A ampliación e mellora das beirarrúas existentes, da calzada e os seus pasos peonís, a plantación de árbores co fin de dar continuidade ao Corredor Verde entre o Parque de San Diego e o Parque de Oza, a disposición de mobiliario urbano e a mellora de servizos no tramo da Rolda de Outeiro entre a Avenida de Oza e a Avenida do Exército supón un custo aproximado de 300.000 €." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.
A maiores , para facilitar o transito peonil na beirarrúa correspondente aos portais impares da Rolda de Outeiro , á altura do parque de Oza habería que retranquear o muro deste 2-3metros xa que a coincidencia desta parede de pedra con zona arborada ( aínda que con exemplares de pequeno porte) na beirarrúa da Rolda, dificulta o transito peonil; especialmente cando se vai cun carro de bebé , cadeira de rodas, bici ou con carro de compra.
Todo lo que sea reverdecer el barrio o distrito sea bienvenido