Na Coruña Contas

Volver

Sustitución selectiva de semáforos cíclicos peonís por pasos prioritarios

aleixo_varela aleixo_varela  •  11/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 365

A Coruña padece un exceso de semaforización anacrónico, que xera molestias aos conductores, peóns e aos propios veciños, debido a un aumento da contaminación sonora e atmosférica xerada polos vehículos tras detencións moitas veces innecesarias.

Proponse, onde sexa posible por cuestións de seguridade, e en especial cando se trate de Zonas 30:

- Instalación de pasos peonís semielevados de preferencia permanente en sustitución de pasos con ciclo semafóricos en zonas con fluxos débiles de peóns.

- Semipeonalización con firme de cemento impreso en sustitución do semáforo con paso convencional, onde os fluxos de peóns sean maiores que os de vehículos. Ex. executado: Rúas Angel Senra-San Luis.

- Sustitución de semáforo por un ceda/STOP en intersecións de sentido único onde a visibilidade e a velocidade dos vehículos o permitan. 

Ex. posibles aplicacións: Fonseca, Picavia; E. P Bazán.

Localización: Toda a cidade

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A eliminación de semáforos para substituílos por pasos convencionais elevados ou non é un tema moi delicado xa que pode supoñer unha diminución na seguridade de uso da vía ou desequilibrar o funcionamento dun conxunto de cruces a maior escala. Por iso, é necesario unha análise profunda do punto no que se implante esta medida. En principio, das propostas expostas polo solicitante, a máis factible podería ser Fonseca e en caso de expor maiores problemas poderíase aplicar esta filosofía ao cruzamento dos tramos peonís da rúa Alameda coa rúa Durán Loriga. Os materiais para utilizar nesta zona son basicamente laxas de granito, coa posibilidade de utilizar formigón exclusivamente nas zonas de paso de vehículos. Co orzamento dispoñible para este tipo de actuacións estímase que poderían mellorarse 4 pasos nas condicións descritas anteriormente." Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos