Na Coruña Contas

Volver

Cara unha iluminación eficiente

Victor Victor  •  02/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 159

Propoño como medida inicial o cambio de farolas en zonas verdes por outras led e solares, que poidan contar tamén con detectores de movemento. Asi poderán manterse apagadas durante boa parte da noite, evitando a consecuente contaminación lumínica. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Este Concello leva anos traballando na mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. Así, amplas zonas verdes viron substituída a súa iluminación de descarga por luminarias con tecnoloxía led, citándose como exemplos o Parque de Carlos Casares ou a Praza Elíptica dos Rosais. O custo de substituír unha luminaria de descarga por outra con tecnoloxía led con posibilidade de regulación de consumo ronda os 500 euros. O custo de implantar lámpadas de rúa solares é moi elevado, aproximadamente 3000 euros por unidade, polo que o investimento tería unha amortización moi elevada. Ademais, os custos de mantemento destas instalacións son moi elevados ao contar con sistemas de baterías . Esta solución non se recomenda en zonas nas que é relativamente sinxelo chegar con corrente eléctrica como adoita suceder na contorna urbana. Tampouco se entende adecuado que amplas zonas permanezan totalmente apagadas ata que un posible detector de presenza provoque o encendido dado que, actuamente, o consumo dos puntos led é moi reducido e pódese regular a mínimos nas horas de pouca afluencia de persoas." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos