Código proposta de investimento: 468
Trátase de poñer aparcadoiros cubertos para bicicletas en todos os edificios públicos, centros educativos, pavillóns, museos, piscinas, estación de buses e estación de tren. O modelo a empregar sería un que mantivera as bicis cubertas para protexelas das inclemencias do tempo, concretamente un modelo que serve tanto para as de Bicicoruña como para calquera outra bici. No caso de Bicicoruña, permitiría conservar mellor as bicis e reducir custes de mantemento
Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "No inicio do sistema público de préstamo de bicicletas, Bicicoruña, barallouse a posibilidade de cubrir as bases, pero se descartou debido ao seu alto custo e que outras cidades xa o probaran e non supuxera ningunha mellora real do servizo: nin aumentaron os usos nin se reduciron os custos de mantemento, que nalgún caso aumentaron polo mantemento das propias cubertas. O custo aproximado dunha pérgola incluíndo cimentacións e obra civil sería de, aproximadamente 29.000€. Co importe máximo para propostas xenéricas dos Orzamentos Participativos, poderían instalarse 8 aparcadoiros cubertos." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.
Hai unha proposta moi semellante: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/98
Poderíades integralas e así acadar máis apoios
Por min, encantado, a proposta é a mesma, só cambia o modelo de aparcadoiros
Cómo se integran?
Non sei :(
Gran idea. Fomentaría o uso da bici na cidade
Añadiria un centro de vigilancia con cámaras,y la señalizacion de esa vigilancia