A Porta Aberta

vpv vpv

Comentarios
Carril bici hasta el poligono de A Grela y base de alquiler de bicis.
ten relacion coa proposta 502
Creación de una zona de juegos cubierta
Extendo esta petición a crear alternativas de ocio municipales, na rua e a cuberto, nos distitos barrios da cidade.
Mellora dos parques
Totalmente de acordo con esta proposta. Penso que evitaría o deterioro e cheiros nas paredes e mobiliario público, e sobre todo unha mellora na calidade de vida dos veciños/as, xa que os nenos/as e terceira idade vense en "apuros" en moitas ocasións por mor deste tema...
Ampliar las aceras de Calle Páramo
sucede o mesmo en outras rúas, así como por exemplo en rúa Meira e rúa Laracha (entre outras)
Convertir o Observatorio Meteorolóxico nun parque
mentres agardamos por esta resolución... non sería posible habilitar algún tramo que permitan o paso desde rúa Páramo, por exemplo, sen ter que dar a volta por rúa Gil Vicente para chegar á rúa Gregorío Hdez ?! os veciños que viven nalgúns dos tramos das rúas: Páramo, Canceliña, Almirante Mourelle... atopanse illados a consecuencia desta situación!!
Asentos protexidos na praza das Conchiñas
Concordo co existencia de zonas protexidas da choiva, mais tamen do sol. Un dos factores positivos da remodelación da praza das Conchiñas, é precisamente que o sol fai agradable a sua estacia durante os meses fríos, máis hai que recoñecer que os días de sol e calor faise bastante duro soportar o sol e o calor...algunha zona de sombra tanto para a terceira idade como na zona infantil serían ben agradecidos pola veciñanza! Unhas mesiñas para que os maiores se entreteñan con xogos de mesa, zonas de xogo para nenos/as a partir de 5 anos de idade, un cerrado na parte da praza que linda co paso de coches (co fin de evitar que os máis pequenos escapen da zona infantil e invadan directamente a calzada), tamen se debera cerrar as xardineiras na zona de entrada/saida do garaxe (xa que os nenos/as se suben e corren risco de caida desde bastante altura), un paso de peons que permita acceder á praza desde a rúa entrepeñas sen necesidade de dar a volta pola rúa barcelona ou rúa corcubión,
Reforma e humanizacion Calle Barcelona
propoño mellorar o pavimento xa que resulta moi esbaradizo coa choiva... no que respecta aos semaforos peonís, deberíase instalar algún sistema que detecte o paso de peóns ou coches a determinadas horas da tarde/noite; ou un pulsador para demandar o paso e non facer agardar a ninguén cando non hai xente na rúa.
Xerar un espazo comunicado de 5.700 metros cadrados no Agra do Orzán
Ademáis do exposto, salientar a necesidade de ampliar o equipamento infantil con zonas de xogo axeitadas para todas as idades, actualmente a zona existente resulta insuficiente e abarca únicamente idades de 0 a 3 anos.