Na Coruña Contas

Volver

PARQUE INFANTIL VENTORRILLO - SALVADOR MADARIAGA

vpv vpv  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2788

A zona do Ventorrillo precisa unha remodelación. Son moitos os nenos e nenas que fan uso do parque infantil do Ventorrillo que se queda escaso. Precisa ampliar a zona de xogos con algúns que sexan aptos para maiores de 7 anos, que chegan alí e non saben que facer senon subirse aos altos e agocharse entre os moitos recovecos de por alí.

Tanto a Praza de Salvador de Madariaga como zonas anexas ao propio parque infantil do Ventorrillo, están desproveitadas e en desuso por carecer de atractivo para a veciñanza. Propoño instalar zonas a cuberto con mesas e bancos onde resguardarse e a modo de merendeiros, un carril  bici, patin, patinete...que enlace desde o parque do Ventorrillo até a praza de Salvador de Madariaga (motivando deste xeito o uso da mesma, isto sen esquecer que precisa de presencia policial que axude a perder o medo...), uns aseos públicos, habilitar zona canina.

Investir na mellora das pistas deportivas que existen nos arredores

https://www.google.es/maps/@43.358956,-8.42439,3a,75y,193.49h,102.5t/data=!3m6!1e1!3m4!1s2-9l5WFpxq8CX4vyKeOCog!2e0!7i13312!8i6656!6m1!1e1

 

https://www.google.es/maps/@43.3606234,-8.4242962,3a,75y,43.1h,72.59t/data=!3m6!1e1!3m4!1s951OtmbfLGvzHYNEOJuuKg!2e0!7i13312!8i6656!6m1!1e1

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos