Na Coruña Contas

Volver

CUBERTA (refuxio) NA ENTRADA DO CEIP MARIA BARBEITO

vpv vpv  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2787

A entrada do CEIP Maria Barbeito, no Ventorrillo, é unha zona onde bate moito o vento durante o inverno. Sería unha boa inversión facer unha cuberta no portalón principal para o refuxio das familias que agardan a apertura do centro para deixar/recoller aos nenos; e outra zona a cuberto que vaia desde o portal pequeno de entrada a secretaría, ao longo dese corredor, xa que é onde ten lugar a entrada/saída dos nenos/as de infantil de 3 anos e de recollida daqueles que quedan a comedor.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos