Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

platas-seixas platas-seixas

Comentarios
Poner el Castro de Elviña en el foco cultural que se merece
O castro non é un xoguete. Houbo malas experiencias precisamente cando estivo aberto. Pódese destruír patrimonio.
Renovación de recipientes do lixo
Graciñas a tódolos que votastes esta proposta.
MUSEO AUTOMOCIÓN E HISTORIA
Déuselles a opción das instalacións que están pegadas ó Dolce Vita, co valor engadido de estar nunha zona moi concorrida e baixa ó carón do Marineda City, e non quixeron. A xente non vai subir a Bens. Quérese Bens polas pistas de carreiras que queren montar. Se o montan en Bens perderiamos zona verde, seguramente habería que talar árbores e habería ruído. Agora hai paz e cada vez hai máis flora.
Poner más contenedores subterráneos y retirar los antiguos de plástico
Pero fai falta tamén unha grande educación da xente para tirar ben o lixo nos subterráneos: por acabar antes e por non molestarse en facer ben o labor, atrancan o colector cando hai moito espazo subterráneo para o depósito do lixo. Non é a primeira vez nin a segunda nin a terceira que teño que desatascar para tirar o meu lixo.
Acondicionamento do anfiteatro do Parque de Santa Margarida
Razoáchelo ben. A cuberta podería non ser total. Eu estaba pensando en días bravos. Pero iso é unha idea, teríase que ve-lo estudo técnico.
Papá, quiero ver las estrellas en la ciudad
Completamente de acordo. Pero aquí entre a xente aínda hai "pánico" á escuridade...
Iluminación do Obelisco Millenium
É un gasto de enerxía innecesario que contamina luminicamente. Ademais os gravados non son nada claros. Prefiro ver estrelas que o obelisco iluminado. E os terreos baleiros ós que se fai referencia van ser, desgrazadamente, zona de máis edificios.
Pantallas de información y avisos en Riazor y Orzán
Xa se puxeron nas entradas de case tódolos areais (porque falta en Bens) letreiros moi bos con este tipo de indicacións, sobre todo no Orzán (no antigo Caramanchón) e na Ribeira do Cómaro (rotonda do colexio das Escravas). Abonda co peche das praias co mal tempo, pero vese que a xente desobedece, e xente da Coruña...
Baños nas áreas verdes do distrito
Graciñas polos apoios. Un saúdo e feliz día. Carlos.
Paneis de comunicación de actividades
Graciñas a todas e a todos polos vosos votos. Un saudiño. Carlos.
RUEIRO EN GALEGO
Hai zonas que aínda son rurais, por iso se denominan "lugares". Ademais, xa se está empezando a galeguizar, hai que dar tempo, pois estaba no programa da Marea.. O que pido é que as propostas lingüisticas veñan avaladas pola Real Academia Galega. Circula por aí un invento "Agramela" que non ten base científica e no bipartito propoñían "Silveira", cando "Silva" é plenamente galega e con antigüidade, pois estamos falando dunha zona que pertencía ó concello de Oza.
Cara unha iluminación eficiente
E ademais hai demasiadas lumieiras. Penso que deben contar cos departamentos universitarios e asociacións astronómicas. No Parque de Adolfo Suárez pódense ver máis estrelas que desde a Ronda porque hai zonas escuras, e porén a xente quéixase pola escuridade dun parque no que non anda ninguén á noite.
Remodelacion praza das conchiñas
Habería que argumentarlles ós comercios da zona, que tanto presionaron ós diversos alcaldes para ter un aparcadoiro, que a xente da zona baixa do concello non adoita subir ás partes altas. A saúde do comercio da zona está na xente da Agra e dos barrios próximos.
Paneis de comunicación de actividades
Ou obras en rúas. Xa existe noutros concellos. Habería que regulalo para non se encha de papeis ou uns tapen ós outros.
Paneis de comunicación de actividades
Graciñas. Actualmente depéndese moito da benevolencia das persoas propietarias de espazos privados e ademais gañaríase moito máis en limpeza.
Conxunto de actuaciós. Actualización de necesidades.
Non sei en todas as cabinas, pero na maior parte aínda hai servizo. Os bares non teñen a obriga de ter cargadores, para eles é unha molestia, e non en tódolos bares hai. Unha chamada de cabina vale moito menos ca un café (consulta reportaxes de lugares pequenos nos que aínda hai cabinas). Eu non teño whatsapp nin quero telo, non estou obrigado e moléstame que haxa presión para telo actualmente. Hoxe hai necesidade de manter cabinas por se acaso hai necesidade. Lémbroche que o whatsapp caeu e a xente estaba desesperada por non ter outra opción. Finalmente, ¿`por que os locais privados poden ter teléfono público e as rúas non?
Conxunto de actuaciós. Actualización de necesidades.
Se se retiran tódalas cabinas telefónicas, se non teño batería ou saldo ou se me estropea o móbil, ¿como fago nunha emerxencia? Os grandes centros comerciais e as cafetarías non eliminaron este servizo, intelixentemente.
CREACIÓN de una o varias GRANJAS URBANAS en la ciudad
En zonas rurais que aínda de momento están en pé porque non se construíron urbanizacións, se un anda por aí pode ver animais diversos. Estou falando da Gramela, de parcelas contiguas ó Parque de Adolfo Suárez na zona da rúa de San Pedro de Visma, A Silva, Cances... Está ben esta proposta, pero mellor é pensar qué desaparece cando se constrúen urbanizacións en zonas rurais que aínda permanecen no municipio...
Recuperación del Castro de Elviña
Penso que con algo tan delicado como é o Castro de Elviña habería que escoitar moito ós técnicos en arqueoloxía e museos. Derrubar os muros podería ser grave para o Castro. Está pechado e valado por algo, para conservalo mellor e para protexer as excavacións que fan os técnicos. Cando fixen o Selectivo lémbrome ben de que o Castro estaba completamente a monte, apenas se distinguían as partes do Castro, o "aljibe" estaba cheo de maleza e, por visitas guiadas de hai uns cantos anos, das que saín gratamente asombrado pola limpeza que se fixera e polo coidado de tódalas partes, había, por desgraza, os sinais das grelladas e das festas nos interiores das casas castrexas.
Reconstrucción de los restos del molino del Agra en el Parque Adolfo Suarez.
O lóxico é que, aínda que se teña que agardar, estea o máis próximo da Agra, é dicir, no Observatorio. Non ten sentido que vaia para Labañou. Tamén podería estar en Mariñeiros ou na Gramela.