Na Coruña Contas

  • Victor

    Vese que non sabes do que falas. Non hai maior beneficio para a natureza e os nenos que descubrir os animais no seu medio natural. Non se pode educar sobre o respeto ós animais coa incongruencia de telos pechados. A maioría dos animais que citas son especies domésticas, se vas a unha granxa xa os ves, polo que non ten ningún sentido; os insectos, ras, aves, esquíos, etc son animais que xa habitan estos lares, non hai porque malgastar cartos en crearlles nada. Para educar e concienciar, hai que utilizar outro tipo de métodos e ferramentas máis adecuadas e convincentes. E para descubrir a natureza temos moito que ver e moi preto: a zona da torre, monte de san pedro, ría do burgo, cecebre, monumento natural de Dexo-Serantes, etc. Levemos ós rapaces a ver animais silvestres, a descubrir a flora... Collede os prismáticos, unha guía... e saíde! Observade, descubride o mundo que nos rodea, os rapaces vano agradecer, e aprender moito máis que telo todo feito, iso pódocho garantir.