Na Coruña Contas

Volver

Hacer una reserva de animales en el parque de Bens

chu chu  •  14/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2528

Construir una instalación en el parque de Bens con animales, una especie de zoo pequeño con una pequeña muestra de animales al aire libre, con casetas y cercados de madera.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • finareg59

    Totalmente en contra das opinións de Victor e Fernando e a favor de Chu.
    Que os NENOS CORUÑESES teñan a posibilidade de ver de preto animáis en lugar de a través de a televisión e un GRAN BENEFICIO PRA NATUREZA.
    Que un neno deixe por un par de horas de matar semellantes nos videoxogos e teña a posibilidade de acariciar un porquiño ou un pato e un GRAN BENEFICIO PRA NATUREZA.
    Porque protexer a NATUREZA non e so ceibar buitres leonados nas castelas o defender o lince en Doñana.
    Defender a NATUREZA e EDUCAR no amor a ela os que están na cuna.
    Por suposto que (eu a lo menos) non pido leóns, nin tigres nin osos polares, cuns hábitas insostibles en case que ningún Axuntamento, pero si un parqueciño nos que os NENOS teñan a posibilidade de contactar cos animáis, como:
    porcos, galiñas, patos, ponis, cabalos, vacas, ovellas, ras, troitas, libélulas, ... etc. etc.

      • Victor

        Vese que non sabes do que falas. Non hai maior beneficio para a natureza e os nenos que descubrir os animais no seu medio natural. Non se pode educar sobre o respeto ós animais coa incongruencia de telos pechados. A maioría dos animais que citas son especies domésticas, se vas a unha granxa xa os ves, polo que non ten ningún sentido; os insectos, ras, aves, esquíos, etc son animais que xa habitan estos lares, non hai porque malgastar cartos en crearlles nada. Para educar e concienciar, hai que utilizar outro tipo de métodos e ferramentas máis adecuadas e convincentes. E para descubrir a natureza temos moito que ver e moi preto: a zona da torre, monte de san pedro, ría do burgo, cecebre, monumento natural de Dexo-Serantes, etc. Levemos ós rapaces a ver animais silvestres, a descubrir a flora... Collede os prismáticos, unha guía... e saíde! Observade, descubride o mundo que nos rodea, os rapaces vano agradecer, e aprender moito máis que telo todo feito, iso pódocho garantir.

Non hai fitos definidos