Na Coruña Contas

  • David Paz
    David Paz  •  Autor  •  06/10/2022 17:13:22

    Na miña opinión, Noemí, o paso da ambulancia ou dos bombeiros non ten por que implicar necesariamente deixar toda a rúa libre ao tránsito rodado (se non, repara na rúa Barcelona ou nas rúas da zona vella). Pode permitirse un trazado de emerxencias ou mesmo instalar morróns electrónicos, que se poden baixar e subir á vontade, sen deixar a zona central baleira.
    Actualmente xa existen sinais moi claros que impiden virar e as cámaras tampouco non van ser a solución definitiva se despois as multas non se tramitan ou se pode recorrer contra elas (o multamóbil non eliminou a dobre fila, porque non hai vontade real para aplicalo).
    Daquela, tal e como o vexo, a única posibilidade de que non se circule con total impunidade por Ángel Senra pasa porque sexa fisicamente imposíbel transitar e, por suposto, aparcar na rúa ou nas interseccións.
    Os elementos arquitectónicos, ademais, devolverían a rúa á veciñanza. Eu quero pasear coa miña filla, non que os cafres decidan se saltan ou non as normas.

    Sen respostas