Na Coruña Contas

  • ClaraVidal

    Poderíanse colocar pasos de peóns aos dous extremos para que o camiño peonil só vaia por un dos lados, desta maneira continuaría habendo circulación de automóbiles nos dous sentidos, mais só unha beirarrúa (o duplo de grande). É certo que se queres respectar a distancia tes que baixar se vén outro peón de fronte, se vas en cadeira de rodas ou levas nenos en carriño tamén é horríbel, mais non existe unha solución cómoda se non se perde un carril (que podería ser un paso regulado por semáforo, que entren 30 segundos dun lado e 30 do outro) ou unha beirarrúa. E ademais porque na beirarrúa eu teño que ir sempre coa cabeza de lado porque se non toco arriba e iso está humidísimo e máis sucio imposíbel. Sen molestar aos carros, prescindir da beirarrúa dun lado permitiría seguir usando o túnel coa molestia de ter que cruzar á beirarrúa de enfronte se viñas pola que queda sen ela. Problema?, a altura dos carros. Non poden ir tan pegados ao extremo do túnel porque, como me pasa a min camiñando..

      • ClaraVidal

        non entrarían, así que habería que limitar a altura dos vehículos. Se se chega a isto, a circulación que pasa por aí en camión sería afectadísima, así que non me parece nin cómodo nin viábel. Máis ben considero mellor facer un carril central que funcione por quendas. Así os peóns non están afectados e os carros están regulados e non poden coller tanta velocidade. Sobre esta última, a liña 5 pasa por aí ás veces que non quedei sen cabeza de milagre porque, insisto, teño que levar a cabeza para fóra da beirarrúa porque non entro.

        Sen respostas