Na Coruña Contas

  • usu904753

    Como "preso" que fun, habitante do Castelo durante 25 anos, que non son poucos, non podo máis que aplaudir esta proposta, chea de sensatez. Pouco hai que engadir. Pola miña parte, simplemente sinalo:
    (1) Sería necesario deixar un certo espacio libre diante da entrada do museo. Non só "daría aire" ao monumento, senón que é necesario para a instalación temporal de camións-grúa. Pensade que en moitas ocasións, máis das que en principio poderían pensarse, hai que mover pezas moi pesadas (laudas funerarias e outros epígrafes, canóns...) que o fan necesario.
    (2) Ademais de permitir nese espazo o uso para as necesidades do museo, penso que tamén estaría ben permitir a chegada e o aparcamento de bicicletas e outros cachivaches de movilidade persoal, eléctricos, a pedalillo ou a puro pinrel. Se ademais se montase unha base de bicicoruña, nin vos conto.
    (3) Pensade tamén nas persoas con dificultade para camiñar debidamente autorizadas. Unha praciña de aparcamento non estaría de máis.

    Sen respostas