Na Coruña Contas

Volver

Peatonalizar el acceso al Castillo de San Antón

CACU CACU  •  04/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Acceso peatonal al Castillo de San Antón
Acceso peatonal al Castillo de San Antón

Código proposta de investimento: 3596

El castillo de San Antón es un enclave muy importante de la ciudad, para coruñeses y visitantes, tanto cultural como paisajístico; pero sus 100 m de acceso son manifiestamente mejorables. Es actualmente una vía descuidada, llena de coches aparcados y cuya imagen deteriora la del monumento al que sirve. Propongo urbanizarla, eliminando la circulación y el aparcamiento, dotándola de un pavimento de piedra natural/adoquines y una o dos filas de árboles que enmarquen la entrada al castillo (por ejemplo, esbeltos cerezoa de gratas flores); solo se permitiría el paso puntual de vehículos para servicio del museo. Como complemento, el seto que rodea el Monumento al Emigrante también habría de ajardinarse debidamente, con árboles, plantas y buen césped, además de una ligera pantalla vegetal que tape la trasera de la escultura.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Para poñer en valor un enclave histórico tan importante na cidade exponse a peonalización do acceso ao castelo de San Antón. Pavimentarase con lousado de pedra , con zonas arborizadas e bancos para potenciar o uso e goce de tan privilexiado enclave. Conservando os elementos arqueóloxicos e históricos presentes na zona. Permitíndose soamente o tránsito rodado para vehículos relacionados co Museo instalado no castelo. Renovarase a iluminación de vial por unha iluminación de zona peonil con columnas baixas que entoe coa contorna. Axardinarase a contorna do Monumento ao Emigrante.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • usu904753

    Como "preso" que fun, habitante do Castelo durante 25 anos, que non son poucos, non podo máis que aplaudir esta proposta, chea de sensatez. Pouco hai que engadir. Pola miña parte, simplemente sinalo:
    (1) Sería necesario deixar un certo espacio libre diante da entrada do museo. Non só "daría aire" ao monumento, senón que é necesario para a instalación temporal de camións-grúa. Pensade que en moitas ocasións, máis das que en principio poderían pensarse, hai que mover pezas moi pesadas (laudas funerarias e outros epígrafes, canóns...) que o fan necesario.
    (2) Ademais de permitir nese espazo o uso para as necesidades do museo, penso que tamén estaría ben permitir a chegada e o aparcamento de bicicletas e outros cachivaches de movilidade persoal, eléctricos, a pedalillo ou a puro pinrel. Se ademais se montase unha base de bicicoruña, nin vos conto.
    (3) Pensade tamén nas persoas con dificultade para camiñar debidamente autorizadas. Unha praciña de aparcamento non estaría de máis.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos