Na Coruña Contas

  • maboro

    Boas tardes, e graciñas pola explicación, de verdade que se agradece.

    Como xa dixen, non quería desmerece-la proposta, que me parece moi interesante ademáis, mais foi a primeira que atopei (xa que non é a única coa que sucede isto, son bastantes máis). Estou dacordo co cribado previo do que falas, mais entón tamén debería considerarse elimina-la distinción entre propostas de distrito e máis de cidade, xa que se as de distrito pasan do orzamento reservado a el, recolócanse e xa está (a proposta que aparece relacionada con esta, por exemplo, cun ámbito de actuación moi similar, está como proposta de distrito), e non parece moi xusto tampouco.

    Penso que o Concello debe aclara-lo sucedido (nos distritos tampouco se conservaron as quince propostas viables máis votadas) e para a próxima anunciar claramente os votos necesarios - nas propostas de cidade - ou o número de propostas máximo - nas de distrito - para a fase final, xa que se non semella arbitrario.

    Graciñas de novo!

    Sen respostas