A Porta Aberta

mabro mabro

Comentarios
Carril-running
Podería pensarse tamén en carrís de tartán en vez de terra.
Puesta en valor del Parque de la Antigua Cárcel (Carlos Casares)
Boas tardes, e graciñas pola explicación, de verdade que se agradece. Como xa dixen, non quería desmerece-la proposta, que me parece moi interesante ademáis, mais foi a primeira que atopei (xa que non é a única coa que sucede isto, son bastantes máis). Estou dacordo co cribado previo do que falas, mais entón tamén debería considerarse elimina-la distinción entre propostas de distrito e máis de cidade, xa que se as de distrito pasan do orzamento reservado a el, recolócanse e xa está (a proposta que aparece relacionada con esta, por exemplo, cun ámbito de actuación moi similar, está como proposta de distrito), e non parece moi xusto tampouco. Penso que o Concello debe aclara-lo sucedido (nos distritos tampouco se conservaron as quince propostas viables máis votadas) e para a próxima anunciar claramente os votos necesarios - nas propostas de cidade - ou o número de propostas máximo - nas de distrito - para a fase final, xa que se non semella arbitrario. Graciñas de novo!
Puesta en valor del Parque de la Antigua Cárcel (Carlos Casares)
A proposta é moi atractiva, e non quero desmerecela para nada, pero podería explicar o Concello por qué esta proposta, que tiña 49 apoios (coma se pode comprobar na caché: https://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/885), pasou á fase de votación e moitas, moitas outras, con máis votos foron declaradas INVIABLES por non acadar 80 votos? Non parece moi xusto que, ademáis de non publicar por anticipado o criterio dos votos que as propostas debían acadar, sexan ademáis arbitrarios sobre cales propostas deben cumprilos e cales non.