A Porta Aberta

  • slamelov
    slamelov  • 14/06/2016 16:34:57

    Considero que o modelo ten que ser outro, é dicir, a redución de vehículos privados. E para iso, hai que fomentar o uso de alternativas; tren de cercanías, buses, bicicletas e peóns. Eso é o que fan nas cidades europeas modernas, os aparcadoiros en edificios son dos anos 70. Hai que crear aparcadoiros disuasorios nas aforas e logo comunicalos ben. Se facilitamos o uso dos coches, non se vai reducir o seu número, que é o que hai que facer.

    Pensemos no cambio climático.

    Ocultar 1 resposta
      • borjalamas
        borjalamas  •  Autor  • 15/06/2016 17:01:28

        eu penso que hai que tender cara a desaparición do vehículo privado, certo. mais todo leva o seu tempo. loxicamente hai que favorecer o uso da bici e do transporte público (ademais dos coches eléctricos compartidos, como suxerín noutra proposta), pero tamén é verdade que cando se peonalizan as rúas hai que dar resposta aos veciños que teñen coche. a solución dos aparcadoiros en altura é unha vía a explorar, podendo instalarse en zonas máis céntricas ou algo máis apartadas como aparcadoiros disuasorios, como ben dis.

        Sen respostas