Na Coruña Contas

  • antonio72

    Este tramo é moi perigoso, a diario vexo persoas camiñando polos arcéns das avenidas de San Cristobal e de Alfonso Molina co agravante de que soen ser persoas maiores que necesitan trasladarse dunha zona a outra para facer as suas compras, visitar familiares ou acudir a un centro de saude, sería conveniente ademais limitar a velocidade dos vehículos, por exemplo poñendo bandas rugosas no asfalto que propicien que os vehículos circulen mais despacio e respeten os limites de velocidade establecidos e implantar un paso de peóns por exemplo no carril de acceso da Avda de San Cristobal hacia Alfonso Molina en sentido saida e outro na saida de Alfonso Molina hacia San Cristobal á altura do barco.
    Igualmente sería necesario implantar aceras dende a nova gasolineira de Carbugal na Grela hacia a Avda de San Cristobal, xa que os que queremos vir camiñando dende a Grela sin utilizar o vehículo nos expoñemos a un perigo constante e diario ao camiñar polo arcén con tanto tráfico pesado.