Na Coruña Contas

  • slamelov

    O feito é que os cruceiros seguen a vir, e non depende do tranvía turístico que veñan ou non, xa que incrementouse o tráfico de barcos nos últimos anos. En todo caso, habería qu e ver o impacto real do tranvía na economía local, que ata o de agora foi moi negativo, ou máis ben un despilfarro, un capricho. O mellor atractivo para a cidade é que sexa unha cidade sen pastiches, unha cidade real e non unha barraca de feira, e salvo que fora un tranvía útil todo o ano e para a xente da cidade, que fora un transporte público e non unha atracción turística, o mellor e desbotalo definitivamente, porque recuperalo agora é carísimo e a cidade ten outras prioridades máis importantes que un capricho "moi bonito", tanto como caro e inútil. Outra cousa sería un tranvía lixeiro, con vías pola Ronda de Outeiro, conexión coa Estación do Tren e co desexado Tren de Cercanías.

      • ramon61

        Por suposto que o noso tranvía non e a Torre Eifel, nin a Torre de Hércules e a de Pisa.
        Pero si as situacións son iguais na citateria mental da xente que non ve mais alá dun palmo das sua nariz.
        A Torre Eifel era exactamente o que ti numeras que é o tranvía.
        -Inutil para a pobración.
        -Carísimo no mantemento. (Traballan mais de 500 persoas, e aprobouse un presuposto de 300 millóns de euros de rexeración)
        -Obra faraónica sen sentido.
        -Etc.
        Os turistas dos cruceiros e os demáis pisan a Coruña e saen pra Santiago sin deixar na Coruña mais que lixo, porque aquí non teñen nada atractivo que os amarre.
        O turismo son cartos, os cartos son postos de traballo, e a min gustaríame que meus fillos vivisen e traballasen aquí como fixo toda a miña xeración.
        O explicou perfectamente cgomezr o que aplaudo.
        PD, estas disposto a pagar o mantemento da Cidade da Cultura de Santiago e non do tranvía. Demostración: https://subefotos.com/ver/?4343be59b742396300db7ac06e7ac55eo.jpg#codigos

        Sen respostas