Na Coruña Contas

  • amir

    É imprescindible unha reforma integral dos accesos e mobilidade no interior do Barrio das Flores, exemplo único de urbanización na cidade e que a día de hoxe, 50 anos despois de acoller aos primeiros veciños, os seus residentes son principalmente persoas maiores que atopan enormes atrancos para levar a cabo o seu día a día. Ramplas de acceso aos bloques, ascensores ou escaleiras mecánicas, camiños e rutas ben pavimentadas son necesarias non só para a mobilidade interior senón tamén para comunicar cos servizos de uso social fóra do barrio (por exemplo, SUPRESIÓN das escaleiras que comunican Camilo José Cela co mercado de Elviña, entre os colexios María Pita e Ramón de la Sagra e entre este e o bloque de vivendas ao final da avenida e substitución por ramplas), igualmente co Centro de Saúde de Matogrande, que queda completamente illado do contorno do barrio. Asimesmo, a subida ata Avda. Monelos dende o interior do barrio tamén é dificultosa a pesares de ter xa algún camiño accesible

    Sen respostas