A Porta Aberta

amir amir

Comentarios
Eliminacion de escaleiras no Barrio das Flores
É necesario que os veciños voten, especialmente os novos para que os maiores poidan ter unha mellor calidade de vida no Barrio.
BARTIZAL EN FARIÑA FERREÑO
Toda esa zona debería ser ya un aparcamiento público, reorganizado y asfaltado. Pero dentro de O Castrillón hay otra zona más vergonzosa que es justo enfrente de la guardería Carricanta: un aparcamiento en José Mª Hernansáez al que se accede por un vado sobre la acera y se sube una pequeña cuesta que da a la parte trasera de unos edificios de la Avda. de la Concordia. En ese terreno, que parece la jungla cuando crece la hierba, parece ser que hay mucho impedimento por parte de un sector de los vecinos, a mí me parece un auténtico peligro que eso siga estando así.
Estudo de viabilidade do sistema Trampe
Coñézoo. No Castrillón sería unha gozada
Sustituir Escaleras por Rampas en Barrio Flores
Paréceme fundamental nun barrio cunha ampla poboación da 3ª idade. Esta acción tense que complementar coas ramplas que separasen Camilo josé Cela de Elviña porque moitos dos nosos pais e nai van ao mercado de Elviña a facer a compra e a súa mobilidade xa non é como era hai 50 anos
Carril bici por TODA la ciudad.
Parece que discrepar porque considero NON PRIORITARIO o carril-bici e si considero PRIORITARIO favorecer as necesidades das persoas maiores ou con diversidade funcional pois non está ben visto. Decides que 3000 persoas usan bici-coruña. Pois alégrome. Pero a inversión será a mesma usen 3000, 5000 ou 50000 o carril-bici e pola contra non será a mesma se un neno en cadeira de rodas pode acceder a un edificio público, a un colexio, a unha biblioteca ou un ancián pode ter ascensor no seu edificio de 5 plantas para que poida sair facer a compra. Pois nada, o carril-bici para os 3000 que o usan, o resto non contan. Pois síntoo, pero eu non o quero. E dicirlle a ale9900 que non me fale de xeografía porque eu vivín nunha gran capital europea, movíame EN BICI sen problema, usaba o transporte público e non tiña coche. O que aprendín foi moito, como valorar o que temos aquí. Eu saio da miña casa e hai coches en TRIPLE FILA, cando vos ocupen o carril-bici protéstalles a eles, non a min.
Carril bici por TODA la ciudad.
"LO DE LAS PRIORIDADES ES PARA GUSTOS" Pois vai ser que non. Que por diante de todos están OS MAIORES, que non poden sair das súas casas por non ter ascensor, que non poden ir mercar porque hai escaleiras que subir e baixar sen ramplas... esa é a solidariedade que tantos reclaman? Hai que acordarse deles porque polos teus pais, os meus e os de todos estamos aquí e eu desexo que dende a súa casa poidan seguir sendo INDEPENDIENTES porque claro, cando necesiten unha axuda para a DEPENDENCIA os cartos estarán invertidos nun carril-bici que usan 100 persoas. Non amiguiño, as cousas non son así, hai PRIORIDADES que hai que atender e non pensar só naqueles que piden un carril-bici pero logo van recoller aos sus fillos á escola nun coche que contamina "porque chove e se mollan". Un pouco de seriedade!
Carril bici por TODA la ciudad.
Seguimos sen ler o meu comentario, que grande carencia temos en España de NON LER! Eu dixen, e repito POR TERCEIRA VEZ "A PROPOSTA ESTÁ MOI BEN". o que non se quere entender é que A Coruña NON É unha cidade como Amsterdam ou Estocolmo que, por certo, coñezo ben e eu andaba en bici porque vivín alá. Insisto en que crear a infraestrutura para TODA a cidade non é tan prioritario como favorecer primeiro o uso do transporte público, as cousas vanse facendo pouco a pouco e a xente cambiará de mentalidade, non AO REVÉS. E nunha cidade de 250.000 habitantes poñer o carril-bici para que o usen ¿1000, 2000, 5000?, pois mira, eu os cartos PÚBLICOS os quero para outras iniciativas que son máis prioritarias, como favorecer a mobilidade das persoas maiores precisamente en barrios como O Castrillón, o Ventorrillo, a Falperra, o Barrio das Flores... que teñen unha poboación envellecida e non van ir nas bicis a mercar ou aos hospitais. Non hai que ser tan egoístas, home!
Carril bici por TODA la ciudad.
O primeiro, a ver se les ben. Eu dixen "A PROPOSTA ESTÁ MOI BEN" pero isto trátase de invertir cartos PÚBLICOS nas mellores propostas para unha cidade e o que non vexo claro é que se invirtan en facer carrís-bico por TODA a cidade para que logo os usen moi poucas persoas. Mellor se invirten nunhas boas liñas de transporte público porque é maís doado facerlle ver ás mentalidades cerradas a importancia do aforro enerxético e do uso COLECTIVO das cousas. ¿Ou pensas ti que por poñer carril-bici todo o mundo se vai botar ás rúas para usalo? Que non home, que aínda somos moi cómodos e levamos o coche ata para mercar tabaco no bar a 100 m da casa.
Carril bici por TODA la ciudad.
A Coruña non é Holanda, Ao Castrillón ou ao Ventorrillo a ver quen sube nas bicis. Como proposta está moi ben, pero irrealizable nun país no que a conciencia social e colectiva non respecta aos ciclistas. E logo está o clima, facer carril-bici nunha cidade na que a chuvia é frecuente bastantes días ao ano e afeitos a coller o coche cando caen dúas pingas, xa veremos a ver canto dura esa "febre" polo ciclismo. A proposta está moi ben, pero as mentalidades aínda non están preparadas para convivir cos ciclistas.
MELLORA DA ACCESIBILIDADE DO BARRIO DAS FLORES
É imprescindible unha reforma integral dos accesos e mobilidade no interior do Barrio das Flores, exemplo único de urbanización na cidade e que a día de hoxe, 50 anos despois de acoller aos primeiros veciños, os seus residentes son principalmente persoas maiores que atopan enormes atrancos para levar a cabo o seu día a día. Ramplas de acceso aos bloques, ascensores ou escaleiras mecánicas, camiños e rutas ben pavimentadas son necesarias non só para a mobilidade interior senón tamén para comunicar cos servizos de uso social fóra do barrio (por exemplo, SUPRESIÓN das escaleiras que comunican Camilo José Cela co mercado de Elviña, entre os colexios María Pita e Ramón de la Sagra e entre este e o bloque de vivendas ao final da avenida e substitución por ramplas), igualmente co Centro de Saúde de Matogrande, que queda completamente illado do contorno do barrio. Asimesmo, a subida ata Avda. Monelos dende o interior do barrio tamén é dificultosa a pesares de ter xa algún camiño accesible
Mellora do pavimento nas escaleiras do Barrio das Flores
O Barrio das Flores é un espazo único na cidade que, debido ao paso do tempo e á evolución xeracional, hoxe en día está poboado maioritariamente por persoas da terceira idade que necesitan unhas melloras nos seus accesos e mobilidade. A instalación de ramplas, ascensores ou pasarelas é fundamental para o benestar dos maiores neste barrio da cidade