Na Coruña Contas

  • carocampos

    Identificome ben con esta proposta, ainda que coma veciña do barrio penso que a proposta debería ser unha actuación de mellora definitiva para o barrio.
    Eu vivo neste intre na rúa Margaritas pero teño crecido na rúa Lirios, alí hai anos fixose unha rampa de comunicación entre o pasillo comercial e a praza dos chopos pero non hai rampa tampouco para a propia rua dos Lirios. O mesmo ocorre nas rúas Camelias, Amapolas e Hortensias. E por isto que farei unha proposta integral para aprobar unha intervención plurianual que sexa unha solución definitva para o noso barrio.
    No barrio estanse a instalar ascensores de servicio as vivendas que en certo xeito facilitarán a accesibilidade da veciñanza tamén pero considero necesario o apoio do concello na mellora das infraestruturas comúns para acadar a integralidade das intervencións de mellora.

    Sen respostas