Na Coruña Contas

  • aleixo_varela

    Interesante proposta, ainda que como ben comentas, pode que o orzamento se quede cativo. Eu estiven a piques de formular unha similar, pero enfocada máis ao control e consumo final que á xeración, pero como as propostas incómodas as liquidan rápidamente, xa me cansei de perder o tempo con esta farsa. Uns exemplos de "eficiencia": se un vai a ler o periódico á biblioteca do Forum, morre de calor ata no inverno; se un vai ás oficinas da rúa da Franxa e mira ao teito, verá lámpadas HALÓXENAS e tubos fluorescentes igual que hay vinte anos; se un vai á oficina de licenzas da estación de autobuses, verá que cada administrativa ten un radiador eléctrico de 2kW debaixo da mesa para quentar os pes. E así todo.

    Sen respostas