A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Renovables en edificios públicos

slamelov slamelov  •  15/05/2017  •  Toda a cidade  •    6 comentarios

Código proposta de gasto: 444

Que todos os centros xestionados polo concello teñan placas solares ou turbinas eólicas para xenerar electricidade e reducir o consumo de enerxía. Debería incluir centros educativos, piscinas, pavillóns e museos. Se non fora posible por orzamento, priorizar aqueles edificios que consuman máis enerxía, e ir implementando a medida en futuros orzamentos.

De momento, se non me equivoco, só a Piscina de Riazor e  Bombeiros contan con instalacións de placas solares.

Localización: A Coruña

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: " O custo e a rendabilidade das instalacións solares térmicas é variable en función do tipo de instalación, o seu tamaño, a calidade dos materiais, etc. Como exemplo, a instalación da piscina de Riazor supuxo unha media de custo de 500 euros/m2, dato que pode servir de referencia para futuras actuacións". Agradecemos a túa participación e esperamos as túas propostas na edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • galego1906
    galego1906  • 17/05/2017 22:10:36

    Genial. Esta propuesta la hice en 2016, pensaba proponerla este 2017, así que ya me ahorras el trabajo !! Esperemos que esta vez salga. Que todos los centros públicos conduzcan hacia el autoconsumo además de ayudar al medioambiente, a larga será un ahorro de dinero muy importante para el ayuntamiento de A Coruña!

    Sen respostas
  • aleixo_varela
    aleixo_varela  • 18/05/2017 21:41:20

    Interesante proposta, ainda que como ben comentas, pode que o orzamento se quede cativo. Eu estiven a piques de formular unha similar, pero enfocada máis ao control e consumo final que á xeración, pero como as propostas incómodas as liquidan rápidamente, xa me cansei de perder o tempo con esta farsa. Uns exemplos de "eficiencia": se un vai a ler o periódico á biblioteca do Forum, morre de calor ata no inverno; se un vai ás oficinas da rúa da Franxa e mira ao teito, verá lámpadas HALÓXENAS e tubos fluorescentes igual que hay vinte anos; se un vai á oficina de licenzas da estación de autobuses, verá que cada administrativa ten un radiador eléctrico de 2kW debaixo da mesa para quentar os pes. E así todo.

    Sen respostas