Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Propostas de investimento non viables: Distrito 8

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Bici Coruña no barrio de Pedralonga/Cidade das TiC

14/09/2022  •  2248c8dd-d33e-4ac5-a1ff-af8bd230b660  •  Distrito 8

O barrio de Pedralonga non ten acceso ás estacións de Bici Coruña nas súas proximidades polo que se propón a instalación dunha estación Bici Coruña na zona da Fábrica de Armas. A instalación nese punto estaría máis que xustificada coa inminente chegada da Cidade das TIC. 

Arreglar carreteras sin asfaltar,de Castro y Elviña

19/09/2022  •  BLZ  •  Distrito 8

En el Castro de Elviña, hay una serie de carreteras que están mal asfaltadas y que dificultan el tráfico de vehículos y de viandantes. Por ello, considero que es necesario una partida presupuestaria para arreglar varias de las carreteras que están en la zona del Castro.

Instalación de parques infantiles Barrio Xuxan

18/09/2022  •  Vanessa  •  Distrito 8

Los niños que viven en el ofimatico no disponen de zonas recreativas con naturaleza, columpios, toboganes, pistas de futbol... para poder disfrutar del aire libre. Deben desplazarse a otras zonas, barrios... para poder disfrutar de su tiempo de ocio.

Gracias

Centro Cultural e recreativo nos Antigos asteleiros de Oza

18/09/2022  •  psexto  •  Distrito 8

A Asociación apoia a proposta de  o aproveirtamento e rehabilitación dos edificios baleiros dos estaleiros do porto Oza.

Habilitar os espazos para crear centros de usos multiples con salas de ensayos para asociacións e agrupacións e cidadanos da Coruña. Un espazo tantopara a música, a danza e as artes escenicas e todo tipo de practicas artisticas que non atopan una lugar onde levar acabo ensaios, mostras, impartir obradoiros facer encontros. O centro poderia ser algo máis participativo e verdadeiramente cidadan do que son os centro civios da cidade. Estando en tal ubicación poderia integrar espazos onde se poda practicar deporte da rúa como skate ou parkull, permitir ensayos e concertos de banda de rock. Dar cabida tantas iniciativas artisticas e deportivas que xurden na cidadania e que non atopan espazos para medrar e perfeccionarse.

Salas experimentalais, salas de usos multiples, espazos para espectaculos de mediano formato ao aire libre. 

bancos

Instalación de bancos por todo o barrio :fomentar o paseo e facelo accesible

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

O barrio de Eirís está cheo de costas. E tamén de persoas maiores. Combinación perigosa cando se pretende un envellecemento activo, e de fomentar a mobilidade, e facilitar que a xente con problemas de mobilidade poida ter unha vida activa.

 

É moita a xente que pide que ser instalen bancos polo barrio, por todo o barrio, xa que os que hai son moi poucos, e están moi contados.

 

A xente maior non pode subir e baixar costas como cando era nova, e atopar onde sentarse para facer un descanso axuda a que se animen a saír pasear, ou a ir polo pan e facer a compra andando, con todas as ventaxas que isto ten para a saúde, física e mental.

 

Eirís de Abaixo, Eirís de Arriba, a estrada de Eirís, A Calexa, O Castaño, Curramontes, Inés Debén, Inés Daban, A lamadosa, Monte do Mero, A Canteira de Eirís, Xuxán...

ESTACIÓN BICICORUÑA NA ENTRADA DA PONTE DA PASAXE

14/09/2022  •  florblanco  •  Distrito 8

Unha estación de BiciCoruña nas Xubias, á altura da glorieta da Ponte da Pasaxe facilitaría a súa utilización para os que traballan na área metropolitana, nas zonas de Perillo ou O Burgo.

Screenshot_20220926-172607_Google.jpg

Reforma campo de fútbol Eiris

26/09/2022  •  Lalora  •  Distrito 8

Poner el campo de tierra de eiris de hierba artificial sobre todo por invierno que en Galicia llueve mucho.

Paneis

Panéis informativos en Eirís: Facilitar a participación no rural /non urbanizado

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Nestes tempos parece moitas veces que internet é a solución a todo. Para acceder a servizos, a información, a participar...

Pero non podemos esquecer que nin toda a sociedade ten acceso a internet, nin se manexa nas redes. E menos nun barrio coma Eirís, onde viven moitas persoas maiores, moitas veces soas, e onde en moitas vivendas non nos queren poñer Fibra óptica e a conexión a internet é dunha calidade pésima. 

Isto fai que moitas veces haia xente que queda fora dese circuito cultural, sociocultural, de ocio, social, pedagóxico... 

No caso de Eirís, o Centro Cívico está ubicado na Canteira de Eirís, e tampouco é un sitio de paso para a maior parte do barrio. 

Por isto, e para facilitar o acceso á información do que alí pode acontecer, así como de actividades culturáis, asembleas veciñáis, etc...  para favorecer a participación e a interacción co resto da veciñanza, solicitamos a instalación de 3 panéis informativos nas zonas máis alonxadas do Centro Cívico. 

 

fonte

Recuperación da Fonte dos Caños en Eirís de Abaixo/Xuxán: Patrimonio en perigo.

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Un dos simbolos históricos de Eirís, xunto co Castelo, ou Fortaleza de Valparaiso, é a Fonte dos Caños. 

Fonte moi antiga, e de auga moi sabedora, que durante anos suministrou de auga potable a xente de boa parte da cidade, que se achegaba a recollela en garrafas. Corría todo o ano.

A partires do 1992, cando nos instalaron o alcantarillado en Eirís de Abaixo, e o posterior asfaltado do camiño que pasa pegado a ela, foi perdendo forza... e auga. 

E dende o inicio das obras do Parque Ofimático, está afogada entre restos de obra e unha beirarúa. 

Como fonte antiga, fermosa, e catalogada, solicitamos ó Concello que rehabilite a Fonte dos Caños e o seu entorno, devolvéndolle o seu valor histórico e devolvéndonos á veciñanza un espazo tan querido. Poñela de novo en valor como merece.

Fonte que ademáis ben pode ser un dos símbolos de Xuxán, que é un barrio novo, pero que conta con esta maravilla no seu linde coa zona máis antiga de Eirís de Abaixo.

Parque biosaudable de Palavea

RENOVACIÓN E MELLORA DAS MÁQUINAS DO PARQUE BIOSAUDABLE DE PALAVEA

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a renovación da dotación actual do parque biosaudable de Palavea, sito na praciña Padre Busto, xa que cada ano o seu estado é cada vez máis precario, precisa renovación e mellora.