Na Coruña Contas

Volver

Recuperación da Fonte dos Caños en Eirís de Abaixo/Xuxán: Patrimonio en perigo.

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

fonte
fonte

Código proposta de investimento: 4276

Un dos simbolos históricos de Eirís, xunto co Castelo, ou Fortaleza de Valparaiso, é a Fonte dos Caños. 

Fonte moi antiga, e de auga moi sabedora, que durante anos suministrou de auga potable a xente de boa parte da cidade, que se achegaba a recollela en garrafas. Corría todo o ano.

A partires do 1992, cando nos instalaron o alcantarillado en Eirís de Abaixo, e o posterior asfaltado do camiño que pasa pegado a ela, foi perdendo forza... e auga. 

E dende o inicio das obras do Parque Ofimático, está afogada entre restos de obra e unha beirarúa. 

Como fonte antiga, fermosa, e catalogada, solicitamos ó Concello que rehabilite a Fonte dos Caños e o seu entorno, devolvéndolle o seu valor histórico e devolvéndonos á veciñanza un espazo tan querido. Poñela de novo en valor como merece.

Fonte que ademáis ben pode ser un dos símbolos de Xuxán, que é un barrio novo, pero que conta con esta maravilla no seu linde coa zona máis antiga de Eirís de Abaixo.

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos