Na Coruña Contas

Volver

Instalación de bancos por todo o barrio :fomentar o paseo e facelo accesible

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

bancos
bancos

Código proposta de investimento: 4286

O barrio de Eirís está cheo de costas. E tamén de persoas maiores. Combinación perigosa cando se pretende un envellecemento activo, e de fomentar a mobilidade, e facilitar que a xente con problemas de mobilidade poida ter unha vida activa.

 

É moita a xente que pide que ser instalen bancos polo barrio, por todo o barrio, xa que os que hai son moi poucos, e están moi contados.

 

A xente maior non pode subir e baixar costas como cando era nova, e atopar onde sentarse para facer un descanso axuda a que se animen a saír pasear, ou a ir polo pan e facer a compra andando, con todas as ventaxas que isto ten para a saúde, física e mental.

 

Eirís de Abaixo, Eirís de Arriba, a estrada de Eirís, A Calexa, O Castaño, Curramontes, Inés Debén, Inés Daban, A lamadosa, Monte do Mero, A Canteira de Eirís, Xuxán...

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque o Concello da Coruña dispón dun contrato global de subministro para a instalación de bancos en toda a cidade. Tomamos nota da petición para proceder á súa valoración e, no seu caso, á súa execución.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos