Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 7

Propostas de investimento non viables: Distrito 7

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Recreación

De rotonda a zona verde (Matogrande)

19/09/2022  •  ddgrandio  •  Distrito 7

A pesares de ser un barrio de recente construción, Matogrande carece de zonas verdes interiores de calidade. É por iso que a rontonda interior do cruzamento entre Juan Díaz Porlier e Sebastián Martínez Risco é unha oportunidade que non se debería perder, xa que: - dispón na actualidade dunha zona vexetada con arborado de gran porte - dispón dunha parada de autobús utilizada pola liña 1A que conta con vehículos dobles - ten moita presión de vehículos privados mal aparcados O que se propón é o seguinte: - eliminar o aparcamento da rotonda que erradique os (moi) habituais problemas de paso da liña 1A, deixando únicamente a parada de Taxis e parada de autobús, que se poderían reubicar no propio ámbito da rotonda para reducir a interación entre ambas. - fixar un único carril de circulación coas dimensións precisas para o xiro do articulado 1A ampliando o espazo dispoñible dende a rotonda-zona verde - xerar pasos de peóns que permitan a creación de novos itinerarios peonís atravesando o novo espazo verde da rotonda, xerando un un novo espazo de estar de calidade. - dispoñer dun valado perimetral ó redor da rotonda para que sexa só franqueable dende os novos pasos de peóns elevados

06_V2-68-b.jpg

Entorno seguro no CEIP San Francisco Xabier

24/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Distrito 7

Dende Mobi-liza propoñemos a reurbanización da rúa Roberto Tojeiro, no entorno do CEIP San Francisco Xabier, de forma que se reduza a velocidade dos automóbiles que por ela circulan. Concretamente, propoñemos que se amplíen as beirarrúas de tal xeito que se forme unha chicane, é dicir, que no primeiro tramo se ampliaría a beirarrúa do lado da praza da Cubela e nun segundo tramo se ampliaría a do lado do centro educativo; proporcionando máis amplitude e seguridade á entrada e saída dos nenos e nenas. Isto podería ser replicable a outros centros escolares, pero propoñemos este como proba piloto

Mellorar accesibilidade escaleiras de Rda.Camilo José Cela a Clara Campoamor

12/09/2022  •  marialeal  •  Distrito 7

Os tres tramos de escaleiras existentes na actualidade: detrás do CEIP Ramón de la Sagra, entre o CEIP Ramón de la Sagra e o CEIP María Pita e entre o CEIP María Pita e o IES Otero Pedrayo, non teñen rampas que sirvan para levar por ellas ni un carriño de bebé ou un carro de compra, son demasiado empinadas. Eso impide que os pais con bebés podían levar os nenos o colexio e provoca que a xente con movilidades reducida teñan que dar moita volta se queren acceder por exemplo o mercado de Elviña desde o Barrio das Flores.

Sería necesario adaptar as rampas según os estándares actuais para que non sexan tan empinadas.

Apertura Rúa Joaquín Martín Martínez

14/09/2022  •  anxo_gz  •  Distrito 7

Rematar a rúa Joaquín Martín Martínez, co seu asfaltado e remate de beirarrúas, así como facer peonís as duas praciñas que hay con material urbano (bancos, fontes, columpios, etc., que sirvan aos veciños) en lugar de unha praza para aparcar, e outra cun chan rugoso, que nin serve para xogar os rapaces.

Na zona sen edificar poderíanse facer hortas urbáns.

Captura de Google Maps a junio de 2021

Reasfaltado, pintado y mejora de aceras de las c/Manuel Ferrol y Juan Darriba 2

13/09/2022  •  mfdez  •  Distrito 7

Deberían tomarse medidas cuanto antes y no dependiendo de la votación de los presupuestos. El mal estado de las aceras es generalizado en toda la zona, pero el descuido es aún mayor.

En la foto adjunta, una captura de Google Maps de junio 2021 (también en imágenes de febrero de 2022): a septiembre de 2022, sigue sin haberse solucionado el problema a pesar de llamada al 010. 

IMPORTANTE: esta propuesta es sólo para sumar más información a la propuesta original de Birloqueiro1991 "Reasfaltado, pintado y mejora de aceras de las c/Manuel Ferrol y c/Juan Darriba", no como propuesta a votar.

Na rúa José González Chas ampliación e renovación de beirarrúas da vía para que

22/09/2022  •  psexto  •  Distrito 7

Na rúa José González Chas hai zonas polas que non cabe unha cadeira de rodas, e tramos onde non existe a beirarrúa. O asfalto afundiuse habendo desniveis de 8 cm e no canellón de Montiño afundiuse o asfalto sendo un perigo para os coches. Solicito a ampliación e renovación de beirarrúas da vía para que sexa máis accesible e a renovación do asfalto

Licitar los proyectos cruces Casanova de Eirís con Calles Abegondo y Bergondo

17/09/2022  •  ramirootero66@gmail.com  •  Distrito 7

La Asociación de Vecinos Castrillón-Urbanización Soto “IAR” propone que se lleve a cabo la licitación de los proyectos que están terminados de mejora de la movilidad de la circulación rodada y de la seguridad de los peatones en los cruces de la Avda. Casanova de Eirís con las Calles Abegondo y Bergondo.

Acondicionamento acceso CEIP Alborada

23/09/2022  •  ANPACEIPALBORADA  •  Distrito 7

Para entrar no Colexio Alborada hai unhas escaleiras longas e perigosas para os alumnos  e alumnas que ademáis impiden que poidan entrar con eles tanto as familias como aqueles nenos e nenas con dificultades de mobilidade.

Precisamos, e por iso solicitamos, que poñan unha rampa para poder acceder con comodidade e sen perigo, aínda que debamos levar muletas ou cadeira de rodas. 

Fotos das paradas

Marquesinas nas paradas de Sindicatos

13/09/2022  •  maceirax  •  Distrito 7

Tendo en conta que moita cidadanía accede en transporte público ao edificio Sindical, aberto a carón de Alfonso Molina hai máis de 20 anos, as paradas de autobús sitas en Alfonso Molina e García Sabell seguen sen estar dotadas de marquesinas.

Entornos escolares seguros

26/09/2022  •  Mobi-Liza  •  Distrito 7

É necesaria a consecución de entornos escolares seguros

Concretamente, propoñemos a peonalización da rúa Montes que discurre pola beira do IES Monelos e a contorna superior do Parque de Oza, e pola que accede (a pé a súa meirande parte) a comunidade escolar e a veciñanza que desexa a cotío disfrutar do parque.