Na Coruña Contas

Volver

De rotonda a zona verde (Matogrande)

ddgrandio ddgrandio  •  19/09/2022  •  Distrito 7  • 

Recreación
Recreación

Código proposta de investimento: 3963

A pesares de ser un barrio de recente construción, Matogrande carece de zonas verdes interiores de calidade. É por iso que a rontonda interior do cruzamento entre Juan Díaz Porlier e Sebastián Martínez Risco é unha oportunidade que non se debería perder, xa que: - dispón na actualidade dunha zona vexetada con arborado de gran porte - dispón dunha parada de autobús utilizada pola liña 1A que conta con vehículos dobles - ten moita presión de vehículos privados mal aparcados O que se propón é o seguinte: - eliminar o aparcamento da rotonda que erradique os (moi) habituais problemas de paso da liña 1A, deixando únicamente a parada de Taxis e parada de autobús, que se poderían reubicar no propio ámbito da rotonda para reducir a interación entre ambas. - fixar un único carril de circulación coas dimensións precisas para o xiro do articulado 1A ampliando o espazo dispoñible dende a rotonda-zona verde - xerar pasos de peóns que permitan a creación de novos itinerarios peonís atravesando o novo espazo verde da rotonda, xerando un un novo espazo de estar de calidade. - dispoñer dun valado perimetral ó redor da rotonda para que sexa só franqueable dende os novos pasos de peóns elevados

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos