Na Coruña Contas

Volver

Entorno seguro no CEIP San Francisco Xabier

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 7  • 

06_V2-68-b.jpg
06_V2-68-b.jpg

Código proposta de investimento: 4098

Dende Mobi-liza propoñemos a reurbanización da rúa Roberto Tojeiro, no entorno do CEIP San Francisco Xabier, de forma que se reduza a velocidade dos automóbiles que por ela circulan. Concretamente, propoñemos que se amplíen as beirarrúas de tal xeito que se forme unha chicane, é dicir, que no primeiro tramo se ampliaría a beirarrúa do lado da praza da Cubela e nun segundo tramo se ampliaría a do lado do centro educativo; proporcionando máis amplitude e seguridade á entrada e saída dos nenos e nenas. Isto podería ser replicable a outros centros escolares, pero propoñemos este como proba piloto

Localización: rúa Roberto Tojeiro

Proposta en nome de: Mobi-Liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos