Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Mosteiro de Caaveiro

Plantación de Arborado e implantación de mobiliario na Rúa Mosteiro de Caaveiro

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Distrito 6

Actualmente esta rúa posee unhas beirarúas moi amplas carentes de arborado e con moi pouco mobiliario urbán. 

Plantéxase a plantación de arborado en alcorques individuais ou corridos e a  colocación de bancos ou mesas de estancia para o desfrute dos veciños. 

 

Humanización da Rúa Meira

17/09/2022  •  CelsaSalgado  •  Distrito 6

Ampliación das beirarrúas, acondicionamiento de bancos e cambio de sentido da circulación da Rúa Meira 

Estación Bicicoruña en inmediaciones cruce Ronda de Nelle con Avenida Finisterre

13/09/2022  •  fvilama@hotmail.com  •  Distrito 6

Actualmente, las estaciones más cercanas son las de la Plaza de las Cochiñas o Paseo los Puentes, bastante alejadas del cruce. Aunque parece ser que está prevista otra a la entrada del parque Santa Margarita, una estacion en las inmediaciones del cruce serrían de mucha utilidad.

Se trata de una zona muy densamente poblada, por lo que ayudaría a descongestionar la estaciones mencioadas arriba. La confluencia de calle San Sebastian con Ronda de Nelle ofrece un espacio inmejorable, aunque cualquier punto cercano al cruce sería de mucha utilidad.

escaleiras_mecanicas_1.JPG

Escaleiras mecánicas na contorna do CIFP Paseo das Pontes

13/09/2022  •  freedirect1  •  Distrito 6

Na actualidade existe unha forte pendiente na zona da Avenida de Fisterra a altura do Paseo das Pontes. É unha zona moi transitada por peóns xa que conecta os dous polos máis importantes e con máis poboación da cidade: A Agra do Orzán e o centro da cidade.

Proponse a instalación dunhas escaleiras mecánicas na contorna do CIFP Paseo das Pontes para conectar a zona de Riazor e o Centro da Cidade coa zona da Agra do Orzán e o Ventorrillo.

Ver imaxe. En vermello a zona proposta para a instalación dunhas escaleiras mecánicas.

Zona moi descoidada que prega unha reforma

Renovación e humanización das jardineras das Casas de Franco

19/09/2022  •  AnibalR  •  Distrito 6

Arbores tocando nas fiestas, farolas entre as palmeras, xardins sen Herbas, insectos que chegan ás vivendas, a zona precisa unha reforma integral en materia de mobiliario urbano e renovación de xardins con otras especies arbóreas mais axeitadas coa implantación de algún elemento de xogos biosaudables para maiores.

Renovación beirarrúas e estradas na rúa Bellavista e paralelas

12/09/2022  •  mdona  •  Distrito 6

É urxente renovar as beirarrúas e as estradas da rúa Bellavista (e paralelas), tanto cara arriba como cara abaixo. O estado das beirarrúas é lamentable, tanto desde o punto de vista hixiénico como de seguridade. Esta é unha zona onde viven persoas maiores e calquera día pode haber un accidente polo mal estado no que se atopan as beirarrúas e os pasos de peóns. Non cumpren as normativas vixentes por inclinación nin por dimensións. As estradas están feitas a cachos e sempre SEMPRE con vehículos en dobre fila.

alfredo_tella

Reurbanización da Rúa Alfredo Tella

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Distrito 6

Actualmente esta rúa supón un corredor moi concorrido entre O Ventorrillo e o Agra do Orzán. Proponse a ampliación de beirarrúas, actualmente estreitas e en mal estado, plantexando a eliminación de parte do aparcamento, a renovación da red de saneamento e a conexión das baixantes de pluviais coa mesma (actualmente desaugan na rúa), así como a plantación de arborado e a mellora da seguridade peonil nos cruzamentos e pasos de peóns. 

Espacio para perros en el Paseo de los Puentes

26/09/2022  •  vecina  •  Distrito 6

Habilitar un canil o un espacio para los perrros en el Paseo de los Puentes. Hay muchísimos siempre y mezclados con los niños que están también allí jugando. Se podría hacer una separación con unas vallas de madera no muy altas y habilitar papeleras para los excrementos, fuente para que beban los perros (ahora lo hacen en las fuentes donde beben los niños) y algún aparato de agility.

Pistas cubertas ao aire

Cubrir canchas e pistas

17/09/2022  •  Jorge Martínez  •  Distrito 6

A proposta sería para cubrir canchas e pistas de deporte. Hai certas pistas deportivas ao aire nas que se podería practicar deporte, por exemplo baloncesto ou fútbol pero non é viable no inverno por estar as pistas molladas. A proposta consiste en poñerlles, ás pistas xa existentes, un teito. Por outra banda, no caso de que ditas pistas estean en malas condicións, renovalas. 

Non ten por qué ser algo demasiado complexo. Cunha búsqueda como "pistas deporte cubertas" pódense ver moitos exemplos do que falo. 

Renovación beirarrúas Agra da Bragua

12/09/2022  •  Rumosu  •  Distrito 6

O estado das beirarrúas na rúa Agra da Bragua deixa moito que desexar xa que leva moitos anos sen renovación. Necesita un cambio dende o punto de vista da hixiene, da seguridade vial e estético.