Na Coruña Contas

Volver

Plantación de Arborado e implantación de mobiliario na Rúa Mosteiro de Caaveiro

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Distrito 6  • 

Mosteiro de Caaveiro
Mosteiro de Caaveiro

Código proposta de investimento: 3852

Actualmente esta rúa posee unhas beirarúas moi amplas carentes de arborado e con moi pouco mobiliario urbán. 

Plantéxase a plantación de arborado en alcorques individuais ou corridos e a  colocación de bancos ou mesas de estancia para o desfrute dos veciños. 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ClaraVidal

    Voto. Totalmente a favor de ampliar ao longo da rúa o parqueciño que hai pegado á avenida de Fisterra. Non debería ser complicado facer isto. Abondará con retirar a fileira de carros en dupla fileira que hai SEMPRE, A TODAS HORAS á altura de Correos. Correos que, por certo, colle a unha zona amplísima da cidade, xusto na súa localización máis poboada e con maior densidade de poboación. Igual tamén conviña un Correos novo para a Agra do Orzán e así as queixas dos carros en dulpa fileira que haberá que eliminar nesta rúa para levar a cabo a proposta non serían de tantos.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos