Na Coruña Contas

Volver

Renovación beirarrúas e estradas na rúa Bellavista e paralelas

mdona mdona  •  12/09/2022  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 3663

É urxente renovar as beirarrúas e as estradas da rúa Bellavista (e paralelas), tanto cara arriba como cara abaixo. O estado das beirarrúas é lamentable, tanto desde o punto de vista hixiénico como de seguridade. Esta é unha zona onde viven persoas maiores e calquera día pode haber un accidente polo mal estado no que se atopan as beirarrúas e os pasos de peóns. Non cumpren as normativas vixentes por inclinación nin por dimensións. As estradas están feitas a cachos e sempre SEMPRE con vehículos en dobre fila.

Localización: Rúa Bellavista

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos