Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 5

Propostas de investimento non viables: Distrito 5

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

adecentar contorna das vivendas maria pita

14/09/2022  •  chitin  •  Distrito 5

burato perigoso no chan dende fai dous anos, baldosas levantadas, bancos en mal estado para sentar as veciñas... a contorna das vivendas esta altamente abandonada, para desgracia das veciñas, q felices de vivir no barrio non poden disfrutalo como se merecen. abandonadas polo concello. 

Centro Cívico de San Pedro de Visma

Estación de Bicicoruña en San Pedro de Visma

12/09/2022  •  Perla  •  Distrito 5

Instalación dunha estación de Bicicoruña diante do Centro Cívico de San Pedro de Visma, onda a parada do bus.

As estacións mais cercanas que temos son a da Casa da Auga (a 1 Km) e a de Paseo das Pontes (a 1.5 Km) polo que son totalmente inútiles para alguén que se teña que desprazar 1km para traballar. Se tamén temos en conta que só temos unha liña de bus cada 15 min e vai dar toda a volta polo barrio dos Rosais antes de chegar á plaza de Pontevedra, e logo seguir por San Andres ou polo Paseo Marítimo.

Faise evidente que ir por exemplo a Linares Rivas, Catro Camiños ou Alfonso Molina sen empregar o coche é moi dificil sen botar unha hora no camiño. Este mesmo traxecto en bici faise en apenas 15min. 

Plano Entorno Igl. Franciscanos (cambios propuestos en rojo)

ENTORNO IGL. FRANCISCANOS: AMPL. ESQUINAS ACERAS

15/09/2022  •  JB  •  Distrito 5

Se trata del entorno de la Igl. de los Franciscanos, un monumento bastante deslucido a la espera de la ansidad escalinata y de la urbanización definitiva de la zona en que se encuentra.

Mientras esto no se lleve a cabo, se podría, al menos, mejorar el aspecto de la zona con algunas actuaciones que la diginifiquen. Para ello se propone realizar la AMPLIACIÓN DE LAS ESQUINAS DE LAS ACERAS DE LOS VIALES CIRCUNDANTES (ver plano adjunto), con el fin de permitir la instalación de arbolado ornamental y/o mobiliario urbano, así como la ordenación del aparcamiento indiscriminado existente (motivado por ser frontera de la ORA), con el consiguiente aumento de la seguridad en los cruces de peatones y la mejora de la fluidez del tráfico por dichos viales, al impedirse el aparcamiento ilegal en las esquinas.

Cruzamento Visma a Mazaido-Visma a Gramela (vista desde Rúa Loureiro)

Acceso para peóns na Estrada Visma a Mazaido-Camiño de Visma a Gramela

13/09/2022  •  MM  •  Distrito 5

O camiño de Visma a Gramela comunica o barrio do Ventorrillo con San Pedro de Visma, pero no cruzamento entre o Camiño de Visma a Gramela e a Estrada Visma a Mazaido non hai ningún acceso válido para peóns. 

Un paso de peóns ou beirarrúa podería ser bo para o cruzamento. Ademáis, a Estrada Visma a Mazaido é unha zona de circulación de vehículos que permite unha velocidade máxima de 50km/h nese punto, polo que a colocación de bandas rugosas facilita para diminuir a velocidades e asegurar o tránsito para peóns.

Parque no entorno do Ágora

12/09/2022  •  Nuria O.  •  Distrito 5

A zona da Agra do Orzán, a mais poboada da cidade, non conta con espazos verdes acondicionados que son moi necesarios e melloraría a calidade de vida da veciñanza e o seu patrimonio. O entorno que rodea o Ágora, pola parte inferior, e un espazo descoidado e abandonado que sería de gran utilidade para tal fin, sobre todo por estar o lado do instituto I.E.S. Agra do orzán.

IMG-20220919-WA0001.jpg

Contorna igrexa dos franciscanos

19/09/2022  •  NIEVES ROUCO  •  Distrito 5

Mellorar a contorna da igrexa dos francicanos

20220911_194606.jpg

Escaleira fronte a parada do bus en Emilio González López 54

13/09/2022  •  idlc  •  Distrito 5

Fronte as paradas do bus de Emilio González López 54 e Os Rosales, Cruzamento San Pedro, hai uns pasos de peóns que se poderían usar para achegarse desde ou ata as paradas. Pero non hai continuidade entre eles, ambos os dous van parar á mediana axardinada, e para poder pasar dunha parte da rúa a outra non hai máis remedio que atravesar polo campo, coa conseguinte incomodidade sobre todo cando chove.

Estaría ben construír aí unhas escaleiras que permitan cruzar en liña recta polo paso de peóns sen terse que desviar. Se nón, non ten moita lóxica ter aí eses pasos de peóns porque non se pode cruzar por eles en liña recta.

peruleiro_conjunto.jpg

Reurbanización de Peruleiro

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Distrito 5

A Avenida do Peruleiro atópase nun estado lamentable. Coches en doble fileira, beirarúas estreitas, ausencia de arborado... Sendo unha das principais vías de comunicación da Agra-Visma-Mariñeiros con Riazor.

Proponse unha intervención integral, trasladando toda a fileira de aparcadoiros dun lateral da rúa ata a Rolda de Outeiro no tramo entre Peruleiro e o Pavo Real, en Batería, eliminando un dos viais de circulación (tres sobredimensionados). Mantendo así TÓDALAS prazas de aparcamento da rúa.

Na propia rúa ampliaríanse as beirarúas, integrando arborado e pequenas zonas de estancia e desfrute, así coma un carril bici que continuaría a senda ciclista entre Ronda de Nelle-Cidade Escolar-Avenida da Habana e comunicando cos Mariñeiros.  Deste modo o peón gañaría protagonismo, a rúa sería mais verde e espaciosa como corredor, permitiríase a conexión segura e con pocas pendientes con bicicleta e manteríanse tódalas prazas de aparcadoiro.

Espacios de actuación

Reordenación da contorna do estadio de Riazor

13/09/2022  •  maboro  •  Distrito 5

Propoño reordenar e renovar os espacios arredor do estadio de Riazor. Deben alargarse as beirarrúas en Manuel Murguía e Av. da Habana. Poderiase reducir un carril en Manuel Murguía e dous carrís na Av. da Habana (rúa que non ten moito tránsito), aproveitando para facer carril bici nas dúas.

Doutra banda, debería peonalizarse a explanada fronte ao Palacio dos Deportes, facendo un espacio verde. As aprox. 110 prazas de aparcamento poderían substituirse reordenando as rúas do entorno tanto en Cidade Xardín coma no barrio de Riazor ou cun aparcadoiro subterráneo.

Para rematar, é necesaria unha recolocación e posta en valor das esculturas e monumentos a deportivistas ilustres arredor do estadio en colaboración co Deportivo, e pensar en facer algunha máis a lendas do clube.

Novos deportes

Creación complexo deportivo - Labañou/Rosales

25/09/2022  •  Vikchan  •  Distrito 5

Propoño a creación do Complexo Deportivo dos Rosales ou centro deportivo municipal, aproveitando que xa esta feito o pavillón dos Rosales, engadirlle o necesario para a práctica dos diferentes deportes,  poderia ter ximnasio, pista padel, futbol, piscina, zona de calistenia e novas actividades deportivas.