Na Coruña Contas

Volver

Escaleira fronte a parada do bus en Emilio González López 54

idlc idlc  •  13/09/2022  •  Distrito 5  • 

20220911_194606.jpg
20220911_194606.jpg

Código proposta de investimento: 3778

Fronte as paradas do bus de Emilio González López 54 e Os Rosales, Cruzamento San Pedro, hai uns pasos de peóns que se poderían usar para achegarse desde ou ata as paradas. Pero non hai continuidade entre eles, ambos os dous van parar á mediana axardinada, e para poder pasar dunha parte da rúa a outra non hai máis remedio que atravesar polo campo, coa conseguinte incomodidade sobre todo cando chove.

Estaría ben construír aí unhas escaleiras que permitan cruzar en liña recta polo paso de peóns sen terse que desviar. Se nón, non ten moita lóxica ter aí eses pasos de peóns porque non se pode cruzar por eles en liña recta.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos