Na Coruña Contas

Volver

Reurbanización de Peruleiro

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Distrito 5  • 

peruleiro_conjunto.jpg
peruleiro_conjunto.jpg

Código proposta de investimento: 3861

A Avenida do Peruleiro atópase nun estado lamentable. Coches en doble fileira, beirarúas estreitas, ausencia de arborado... Sendo unha das principais vías de comunicación da Agra-Visma-Mariñeiros con Riazor.

Proponse unha intervención integral, trasladando toda a fileira de aparcadoiros dun lateral da rúa ata a Rolda de Outeiro no tramo entre Peruleiro e o Pavo Real, en Batería, eliminando un dos viais de circulación (tres sobredimensionados). Mantendo así TÓDALAS prazas de aparcamento da rúa.

Na propia rúa ampliaríanse as beirarúas, integrando arborado e pequenas zonas de estancia e desfrute, así coma un carril bici que continuaría a senda ciclista entre Ronda de Nelle-Cidade Escolar-Avenida da Habana e comunicando cos Mariñeiros.  Deste modo o peón gañaría protagonismo, a rúa sería mais verde e espaciosa como corredor, permitiríase a conexión segura e con pocas pendientes con bicicleta e manteríanse tódalas prazas de aparcadoiro.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos