Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 5

Propostas de investimento non viables: Distrito 5

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Novos deportes

Creación complexo deportivo - Labañou/Rosales

25/09/2022  •  Vikchan  •  Distrito 5

Propoño a creación do Complexo Deportivo dos Rosales ou centro deportivo municipal, aproveitando que xa esta feito o pavillón dos Rosales, engadirlle o necesario para a práctica dos diferentes deportes,  poderia ter ximnasio, pista padel, futbol, piscina, zona de calistenia e novas actividades deportivas.

peruleiro_conjunto.jpg

Reurbanización de Peruleiro

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Distrito 5

A Avenida do Peruleiro atópase nun estado lamentable. Coches en doble fileira, beirarúas estreitas, ausencia de arborado... Sendo unha das principais vías de comunicación da Agra-Visma-Mariñeiros con Riazor.

Proponse unha intervención integral, trasladando toda a fileira de aparcadoiros dun lateral da rúa ata a Rolda de Outeiro no tramo entre Peruleiro e o Pavo Real, en Batería, eliminando un dos viais de circulación (tres sobredimensionados). Mantendo así TÓDALAS prazas de aparcamento da rúa.

Na propia rúa ampliaríanse as beirarúas, integrando arborado e pequenas zonas de estancia e desfrute, así coma un carril bici que continuaría a senda ciclista entre Ronda de Nelle-Cidade Escolar-Avenida da Habana e comunicando cos Mariñeiros.  Deste modo o peón gañaría protagonismo, a rúa sería mais verde e espaciosa como corredor, permitiríase a conexión segura e con pocas pendientes con bicicleta e manteríanse tódalas prazas de aparcadoiro.

Parque no entorno do Ágora

12/09/2022  •  Nuria O.  •  Distrito 5

A zona da Agra do Orzán, a mais poboada da cidade, non conta con espazos verdes acondicionados que son moi necesarios e melloraría a calidade de vida da veciñanza e o seu patrimonio. O entorno que rodea o Ágora, pola parte inferior, e un espazo descoidado e abandonado que sería de gran utilidade para tal fin, sobre todo por estar o lado do instituto I.E.S. Agra do orzán.

Peatonalización da cidade escolar

25/09/2022  •  jesusrodil  •  Distrito 5

Peatonalización da cidade escolar segundo o proxecto orixinal, elimininado os muros entre os distintos edificios (conservatorio, escola de idiomas, etc) e eliminando o tráfico, creando unha illa verde pola que poidan transitar libremente os estudantes, gracias a unha rede de camiños de terra e céspede que substitúa o asfalto e a incorporación de máis árbores.

20220911_194606.jpg

Escaleira fronte a parada do bus en Emilio González López 54

13/09/2022  •  idlc  •  Distrito 5

Fronte as paradas do bus de Emilio González López 54 e Os Rosales, Cruzamento San Pedro, hai uns pasos de peóns que se poderían usar para achegarse desde ou ata as paradas. Pero non hai continuidade entre eles, ambos os dous van parar á mediana axardinada, e para poder pasar dunha parte da rúa a outra non hai máis remedio que atravesar polo campo, coa conseguinte incomodidade sobre todo cando chove.

Estaría ben construír aí unhas escaleiras que permitan cruzar en liña recta polo paso de peóns sen terse que desviar. Se nón, non ten moita lóxica ter aí eses pasos de peóns porque non se pode cruzar por eles en liña recta.

Adecentar Ronda Outeiro

13/09/2022  •  Martin  •  Distrito 5

Adecentar o lateral da Ronda de Outeiro entre as rúas Rio e Costa.

Rúa_O_Coidal.jpg

Conectar "Rúa O Coidal" con "Terceira Rolda"

25/09/2022  •  U  •  Distrito 5

Propoño que a "Rúa O Coidal" pase a ser de dirección única con saída na "Terceira Rolda". Solamente fai falta asfaltar un pequeno treito que conecte coa "Terceira Rolda".

simon_bolivar

Creación de hortas urbanas nos Rosais

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Distrito 5

Proponse a creación de novas hortas municipais na Rúa Simón Bolivar ou no entorno de Maderas Peteiro, dada a alta demanda que posúen en toda a cidade. 

Ampliacion Parque dos Mariñeiros

13/09/2022  •  Martin  •  Distrito 5

Ampliar parque dos Mariñeiros ata o colexio de San Pedro de Visma xa que hai leiras baleiras e que non estan tendo uso algun.

PARQUIZAR CIUDAD ESCOLAR

15/09/2022  •  zonasverdesporfavor  •  Distrito 5

En una ciudad con importante déficit de zonas verdes como A Coruña, es importante identificar espacios en los que poder ganar metros de senderos peatonales, árboles y parque. 

En este sentido y con la voluntad además de mejorar la movilidad peatonal, propongo parquizar todo el área denominada Ciudad Escolar, conectando mediante senderos peatonales el interior de las parcelas las diferentes instituciones educativas (a excepción de la del IES Rafael Dieste por estar su alumnado compuesto de menores de edad). Esto contribuirá a mejorar visiblemente toda la zona, frecuentada por centenares de estudiantes y familias, ya que actualmente y debido a que los terrenos están separados por vallas o grandes setos, resulta muy incómodo ir desde la Escuela de Idiomas al Conservatorio Superior de Música, por poner un ejemplo. 

La propuesta consiste pues en habilitar senderos peatonales por el interior de la "manzana global", con árboles, bancos e iluminación adecuada. Por último, poner de manifiesto que, si bien las instituciones educativas (EOI, CMUS y CSM Coruña, UNED) dependen de la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia, el suelo es municipal, por lo que el Concello tiene competencia para abordar este proyecto.