Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Pasos peóns 3D
20/09/2022 • • Toda a cidade
En canto de facer pasos sobreelevados ou badéns con bandas de goma, proporía investir nunha nova solución que xa se adopta en varios lugares, moito máis barata e efectiva que é o pintado dos pasos de peóns en 3D. Visualmente parece como se houbese uns bloques de formigón, e fai que os conductores reduzan a velocidade. Máis efectivo e máis barato.
cines independentes
25/09/2022 • • Toda a cidade
Creación de pequenas salas de cine nos distintos barrios onde se proxecten películas de autor, clásicas, independentes ou documentais.

Metrominuto peonil / ciclista
24/09/2022 • • Toda a cidade
Para visibilizar a escasa distancia e tempo a empregar para percorridos a pé e en bici ou VMP na cidade da Coruña, dende Mobi-liza propoñemos o sistema metrominuto como o existente en cidades como Pontevedra.
A proposta inclúe a colocación de paneis informativos lexibles en diferentes puntos da cidade que amosen o mapa co metrominuto. Entendemos imprescindible que estes paneis cumpran unha serie de requisitos para ser inclusivos e lexibles, tales como: altura para diferentes persoas (nenos, persoas en cadeira de rodas, etc.), tamaño de letra lexible, fonte de letra simple, linguaxe visual clara, mapas que se poidan entender universalmente, etc.
Deste xeito, cremos que se incentivarían os desprazamentos a pé e en bici, xa que se demostraría que o tempo a empregar é moi pouco, desmitificando a distancia

Visitas nocturnas á Torre de Hércules permanentes
22/09/2022 • • Toda a cidade
Durante o verán a Torre de Hércules ofreceu visitas nocturnas de forma puntual nos meses de xullo e agosto. Estas visitas tiñan un aforo moi limitado sendo moi complicado conseguir acceder a elas. Sería convinte que estas visitas estivesen dispoñibles durante todo o ano para que a xente poida coñecer os segredos do noso monumento máis recoñecible durante todo o ano.
Parkings bicicletas con seguridad
23/09/2022 • • Toda a cidade
Se trata de crear un sistema de consignas, taquillas o parkings para bicis en puntos clave de la ciudad (centros de salud, bibliotecas, centros deportivos, centros culturales...)
Se dan subvenciones para comprar bicis eléctricas y se fomenta el uso de medios de transporte limpios, pero el problema aparece a la hora de dejar aparcada la bicicleta. Apenas existen lugares destinados para ello, y los que existen no ofrecen las garantías suficientes en cuanto a seguridad contra robos o actos vandálicos, y a protección ante la meteorología adversa.
Debería consistir en un recinto similar a una consigna donde el usuario pudiera dejar la bici, el casco, la ropa de lluvia...dentro de una taquilla.

Playa Pet Friendly
14/09/2022 • • Toda a cidade
Destinar un espacio en alguna playa en el que se permita el acceso con animales en verano. Parece una propuesta de bajo presupuesto y fácil de ejecutar para que los perros, que pasan más calor que nosotros en verano, puedan disfrutar de un baño.
Espazos cubertos
14/09/2022 • • Toda a cidade
Propoño que haxa espazos abertos con cuberta para que os nen@s poidan xogar cando chove
Caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.
12/09/2022 • • Toda a cidade
Repartir pola cidade caixas nido para paxaros, bolboretas, insectos e morcegos.
Recuperación das fontes da cidade.
25/09/2022 • • Toda a cidade
A maioría das fontes para beber da cidade non funcionan ou a presión de auga é insuficiente.
Reforma de las líneas de bus
26/09/2022 • • Toda a cidade
Es necesaria una reforma de las líneas de bus, hay buses que recorren la misma zona en muchos tramos (como el 12A y el 14) mientras que otras zonas de la ciudad carecen de paradas o tienen líneas que pasan cada mucho tiempo. Sería necesario reconfigurar las rutas de las líneas del bus, contactando con las asociaciones de vecinos de todos los barrios para ver que zonas están más aisladas en el acceso al transporte público