Na Coruña Contas

Volver

Metrominuto peonil / ciclista

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Toda a cidade  • 

0f872e929c9e70699189a11b28a0032509ce5df9.jpg
0f872e929c9e70699189a11b28a0032509ce5df9.jpg

Código proposta de investimento: 4106

Para visibilizar a escasa distancia e tempo a empregar para percorridos a pé e en bici ou VMP na cidade da Coruña, dende Mobi-liza propoñemos o sistema metrominuto como o existente en cidades como Pontevedra.

A proposta inclúe a colocación de paneis informativos lexibles en diferentes puntos da cidade que amosen o mapa co metrominuto. Entendemos imprescindible que estes paneis cumpran unha serie de requisitos para ser inclusivos e lexibles, tales como: altura para diferentes persoas (nenos, persoas en cadeira de rodas, etc.), tamaño de letra lexible, fonte de letra simple, linguaxe visual clara, mapas que se poidan entender universalmente, etc.

Deste xeito, cremos que se incentivarían os desprazamentos a pé e en bici, xa que se demostraría que o tempo a empregar é moi pouco, desmitificando a distancia

Proposta en nome de: Mobi-Liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos